Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
26 de marzo de 2016
UNS 100 RAPACES INTOXICADOS EN VILANOVA
Uns 90 nenos e algúns dos seus monitores víronse afectados por unha intoxicación alimentaria no concello de Vilanova de Arousa.
Os rapaces pertencen a dous clubes de baloncesto de Castela e León e participaban nun campionato en Vilagarcía. Teñen entre 12 e 17 anos. Todos eles están aloxados nun hotel da rúa Caleiro da localidade. Ás 9:00 horas, un particular explicou ao 112 Galicia que a maioría dos menores e algún dos seus responsables se sentían indispostos. O persoal do CAE 112 Galicia alertou da situación a Urxencias Médicas. Todo apunta a que poderían ter gastroenterite.
O 112 Galicia informou ao GIPCE, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias, aínda que ninguén precisou asistencia psicolóxica. O 112 Galicia tamén deu conta dos feitos á Policía Autonómica, Protección Civil e á Policía Local.
Dous dos mozos, de 15 e 16 anos, foron trasladados durante a tarde deste sábado ao Hospital do Salnés. Do resto, 80 presentan síntomas leves e 26 precisaron tratamento médico.
Está previsto, que agás os dous nenos ingresados, os demáis regresen nas vindeiras horas a León e a Ponferrada, as súas localidades de orixe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.