Dous xogadores saídos do Xuven axudaron a que o C.B. Marín acadase o ascenso á liga LEB Oro e o título de Campións de copa, o cambadés Emilio Oubiña e o xogador de Portonovo Norman Rey. A tempada que ben xa se verá pero agora..... saborear os éxitos
10. José Emilio Oubiña
O escolta cambadés, despois de toda unha vida no Xuven Cambados, cun pequeno paréntesis en Lugo, colleu as maletas este verán para enrolarse no proxecto de Marín. E seguro que as dúbidas iniciais polo cambio víronse claramente disoltas polo resultado da tempada. Terceiro home da rotación exterior, foi, como Manu Ferreiro, consciente de cal era o seu papel contando con dous jugadorazos como Rogers e Green por diante: achegar intensidade e defensa nos minutos que estivese sobre a cancha. Nese sentido, Javi Llorente non pode ter ningún pero ao papel desenvolvido por Oubiña.
21. Norman Rey
Na súa segunda campaña no club pontevedrés, Rey estaba chamado a ser o "catro" suplente, dando descanso a Alejandro Navajas. Pero a saída de Ed Koyanouba apenas superado o ecuador da primeira volta fixo que o "21" do plantel galego tivese que duplicar o seu papel, pasando a reforzar desde o banco as dúas posicións interiores. Pero sempre sen esquecer que o seu ámbito de actuación estaba máis aló da liña de 6.75, onde, como ao longo da súa carreira, estivo roldando o 40% de acerto e desde onde asinou algunha que outra exhibición, como os seis triplos anotados en Zaragoza.
Info; FEB.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.