Atresmedia Televisión deu luz verde a 'Fariña', o proxecto de ficción que contará a historia do narcotráfico en Galicia ao longo dos últimos 30 anos. A produtora de Ramón Campos e Teresa Fernández Valdés fíxose cos dereitos de adaptación do libro do xornalista galego Nacho Carretero.
"Queremos contar a historia do narcotráfico desde o ano 75 ata 2015, polo que habería máis dunha tempada da serie", asegura o produtor en declaracións ao Mundo. "Pensamos recoller quen foron Sito Miñanco, Laureano Oubiña, os Charlines...".
O produtor ten moi claro que a nova serie "ten que ser moi realista, non unha telenovela que recolla unha trama romántica. [...] Ademais dos criminais, os tiros, as mortes, as lanchas, esta é unha historia na que morreu moita xente".
Tal e como recolle o libro, Galicia dispoñía de todos os ingredientes necesarios para converterse nunha "nova Sicilia": atraso económico, unha centenaria tradición de contrabando por terra, mar e ría, e un clima de admiración e tolerancia cara a unha cultura delituosa herdada da época dos capos do tabaco. Os clans, poderosos e herméticos, creceron nun clima de impunidade afianzada grazas á desidia (cando non complicidade) da clase política e das forzas de seguridade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.