Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2016

CURSO DE PIANO EN CAMBADOS







A academia de música 5ª Sinfonía e o auditorio municipal organizan, os días 9 e 10 de abril, un curso de piano dirixido a alumnos e profesores de grao medio e superior, co obxectivo de traballar a técnica e interpretación pianística.
O curso desenvolverase en clases individuais de 60 minutos no horario escollido polo alumno/a por estricta orde de inscripción. Recomendarase un profesor en función do nivel, sendo tamén posible ter clases con ambos profesores. As obras  a traballar durante o curso serán as escollidas polo executante. O prezo será de 60€ por 1 clase e 100€ por 2 clases para alumnos activos, mentres que para oíntes será de 35€. Ao remate do curso farase entrega dun diploma acreditativo e realizarase un recital de clausura coa participación dos alumnos/as seleccionados durante o curso.
As clases serán impartidas por Olga Baranova, da Academia de Música e Escola superior de Música de Viana do Castelo , e por Yuri Popov, da Escola Superior de Artes aplicadas do Instituto Politécnico de Castelo Branco. Para realizar a inscripción, poden enviar un e-mail a cursopianocambados@gmail.com indicandoo nome completo, teléfono de contacto, nivel de estudos musicais, número de clases que desexa recibir, preferencias de horario, tipo de alumno (activo/oínte) e obras a traballar durante o curso. Tamén se pode realizar a inscripción no teléfono 670 424 861. A data límite de inscrición é o 25 de marzo. Para máis información, consultar o arquivo adxunto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.