Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2016

A COMISIÓN SECTORIAL DO CERCO CONSTITÚE UN GRUPO DE TRABALLO PARA ACADAR ACORDOS NA MELLORA DA XESTIÓN DA PESCA







O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presidiu esta tarde a xuntanza da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de PescaO director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presidiu esta tarde a xuntanza da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, na que se constituíu un novo grupo de traballo de todo o sector do cerco. O obxectivo deste grupo de traballo do sector é o de consensuar propostas que poidan contribuír a acadar unha mellor xestión desta pesqueira para o presente ano.
As iniciativas acordadas neste grupo de traballo deberán presentarse na Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, da que tamén forma parte a administración, para ser ratificadas.
Na xuntanza nomeáronse os membros deste grupo, que son un representante dos sindicatos con quenda rotatoria, outro por cada unha das tres asociacións que forman parte da comisión sectorial (Arvi, Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e a Sociedade Cooperativa del Mar Santa Eugenia Limitada, de Ribeira). Tamén formarán parte del tres representantes das confrarías de pescadores, un por cada unha das federacións provinciais.
A maiores, asócianse ao grupo un representante da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, outro de Cerqueiros Galegos e outro da Federación Galega de Confrarías. Como coordinador deste grupo de traballo acordouse nomear ao presidente da Federación de Confrarías de Lugo, Basilio Otero.
Este grupo constitúe un primeiro paso para que o sector do cerco galego teña un foro no que debater sobre as cuestións que lle afectan e poder acadar o consenso necesario para dar as respostas máis axeitadas.
Asistentes
Na xuntanza participaron os representantes das dúas asociacións maioritarias do sector do cerco -ACERGA e Cerqueiros Galegos-, da Asociación Provincial de Armadores de Buques do Cerco de Pontevedra, da Sociedade Cooperativa del Mar Santa Eugenia Limitada (Ribeira) e da OPP de Lugo. Ademais tamén participaron representantes da Federación Galega de Confrarías e dos pósitos de Burela, Ribeira, Camariñas e Cambados. Por parte das organizacións sindicais, estiveron responsables de Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión General de Trabajadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.