
A sociedade gastronómica "A Rampla" outorgou ao Parador Nacional Molino Viejo de Xixón o premio ao mellor restaurante e casa de comidas de Xixón na súa edición de 2015.
Esta foi a 7ª edición duns premios con moito prestixio en Asturias.
O cambadés Marcos Serén é o xefe de cociña que co seu traballo axudou a que o establecemento chegase a conseguir tal galardón.

O pasado 12 de febreiro tivo lugar a entrega do diploma por parte de directivos da Sociedade Gastronómica a o Parador de Xixón e entre eles, como non, estaba Marcos Serén.
Desde aquí queremos felicitalo e desexarlle moitos éxitos na sua carreira como cociñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.