Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de febrero de 2016

ACORDO DE GOBERNO SOBRE AS LINGUAS REXIONAIS E MINORITARIAS








Que o pasado 21 de xaneiro facíase público o 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, elaborado polo Comité internacional de expertos, e ao mesmo tempo, basándose neste informe, facíanse públicas tamén as recomendacións do Consello de Ministros do Consello de Europa ao Estado español.


Que nas citadas recomendacións o Comité de expertos e o Consello de Ministros sinalan os aspectos que cómpre corrixir para o cumprimento efectivo das garantías que o Estado español e a propia Xunta de Galiza se comprometeron a levar a cabo ao ratificar, no ano 2001, o referido documento.

Por tal motivo, e toda vez que a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas, é un tratado internacional que garante os dereitos lingüísticos, nomeadamente en relación á lingua galega como lingua propia e oficial de Galiza,  é polo que intereso do Pleno desta Corporación, manifeste o seu compromiso coa referida Carta e adopte o seguinte ACORDO:

INSTAR á Xunta de Galiza a:

1º.- Cumprir con todas as recomendacións do Consello de Ministros e do Comité de Expertos do Consello de Europa, e exixir do Estado español a aplicación real dos seus compromisos en relación coa Carta, tal e como indica o Consello de Ministros.

2º.- Dar os pasos necesarios para cumprir co sinalado na línea 640 do informe que afirma que o decreto 79/2010 de plurilingüísmo contradí o estabelecido na Carta, e o punto 5º da resolución do Consello de Ministros, onde sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino non pode afectar negativamente á propia.

3º.- Elaborar de maneira ampla e consensuada un novo decreto para o uso do galego no ensino, que atenda aos principios de normalización lingüística, e acorde co sinalado na Carta Europea.

4º.- Que mentres non se elabora o novo decreto, modifique o actual derrogando os artigos que poñen límites ao uso do galego nas aulas, como as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego nos centros e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas; e,

5º.- Garantir unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.