Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de enero de 2016

O COMEDOR DO MAGARIÑOS CONTARÁ CON NOVO CATERIG EN ABRIL








A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de licitar o servizo de comedor escolar nos vinte centros educativos que están funcionando cunha contratación extraordinaria logo de que o pasado mes de novembro se resolvesen os contratos ás empresas que resultaran adxudicatarias no anterior concurso do ano 2015. O orzamento de licitación é de 650.364 euros para financiar o servizo de comedor no período de abril a xuño deste ano.
Para tal fin, a Consellería elaborou un novo prego de condicións –que pode consultarse na Plataforma de Contratación da Xunta de Galicia- no que se reforzan as esixencias ás empresas que opten á prestación deste servizo co obxectivo de mellorar as prestacións de calidade e seguridade dos menús, incorporando por primeira vez novos requisitos que deberán cumprir as adxudicatarias. Isto é, inclúense novas melloras puntuables, e redefínense os parámetros económicos, entre outros.
No caso do resto dos comedores escolares con contratos aínda en vigor e que están funcionando con absoluta normalidade, a Consellería tamén reforzará os controis e implementará auditorías periódicas co fin de anticiparse a posibles incidencias, se fora o caso.
Centros de elaboración e rexeneración a menos de 200 quilómetros
No caso de que non vaian utilizar as instalacións de cociña dos centros (ben por non existiren ou ben por renunciaren ao seu uso), as empresas deberán acreditar ante a Administración educativa que as instalacións estean a menos de 200 quilómetros dos colexios que se van atender. Ademais, estas instalacións teñen que estar debidamente rexistradas e amparadas polas autorizacións sanitarias e administrativas.
CENTROS
Trátase dos CEIPs Ría do Burgo, Sofía Casanova e Isaac Díaz Pardo en Culleredo; os CEIPs O Graxal, Gonzalo Torrente Ballester e Portofaro, en Cambre; o IES As Mariñas de Betanzos; o CEP Lois Tobío, o IES María Sarmiento e EEI San Roque, todos eles en Viveiro; o CEIP de Cervo; o CEIP de Foz; o CEIP Vista Alegre de Burela; o CEIP Antía Cal Vázquez de Muras; os CEIPs de Vilaxoán, de Rubiáns e Rosalía de Castro , os tres de Vilagarcía de Arousa; o CEIP Antonio Magariños de Cambados; o CPI Aurelio Marcelino Rey de Cuntis e o CEIP San Andrés de Cesar de Caldas de Reis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.