Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2016

AS QUEIXAS POLA SINISTRALIDADE EN OUBIÑA CHEGAN A TVG






sinistralidade na recta de Oubiña, en Cambados chegou á TVG.
Lembremos que ese é un punto negro na rede viaria da provincia e onde se contabilizan varios accidentes algúns deles con mortos. 
Así narraban a nova no Televisión Galega.



Na coñecida como a recta de Oubiña, na estrada que comunica Cambados con Pontevedra, houbo no que vai de 2016 dous accidentes. Excesos de velocidade e imprudencias son as causas máis habituais dos sinistros que se producen neste tramo, moi transitado, nos que tamén inflúen outros factores como a mala iluminación e o peralte da curva.

Este tramo da estrada PO-300, que une Cambados con Pontevedra, coñecida como a recta de Oubiña, no lugar de Cereixeiras, concentra un dos maiores historiais de sinistralidade da zona. Unha longa recta á que segue unha curva en que as saídas de vía son constantes. A maioría sen maiores consecuencias que feridos leves ou danos materiais. Outras, as menos, deixan vítimas mortais aínda no recordo. 

Outro factor determinante é a escasa ou nula iluminación deste tramo. De feito, moitos dos postes da luz acaban formado parte dos sinistros.

Os veciños solicitaron a construción de rúas no final da recta e na curva, algo que segundo eles melloraría a seguridade viaria na zona tanto para peóns coma para condutores.


Ver nova da TVG






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.