Carmela Silva anuncia que o Plan de Emprego de 2016 continuará na liña de mellora das condicións laborais e económicas

Tal e como manifestou a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, "o noso obxectivo e loitar para a eliminación da precariedade laboral e o impulso dun traballo de calidade, pensado desde o punto de vista das traballadoras e traballadores, respectando os seus dereitos e dignidade, e garantindo unhas mellores condicións económicas para mulleres e homes, con salarios e unha xornada laboral normal. Así, fronte a xornadas de 25 horas e salarios entorno os 400 euros, pasarase a unha xornada de 35 horas e preto de 1.000 euros".

Para o 2016, o Plan de Emprego será máis flexible e, dentro do novo modelo de xestión da Deputación de Pontevedra, converterá ós concellos en protagonistas. Así, no 2016 serán os propios concellos os que decidan os postos de traballo que precisan ou os meses nos que contarán co persoal, mantendo as condicións laborais do Plan de Emprego posto en marcha polo novo goberno provincial.
Cambados contará con 30 traballadores para diferentes postos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.