Acerga leva estas dúas semanas tentando que a Xunta e o Goberno central busquen “solucións reais” ao problema de limitación das cotas pesqueiras. Unhas solucións que, polo momento, non dan chegado.
Sen embargo, o Telexornal da TVG do pasado mércores informaba sobre o levantamento do campamento de San Caetano e a volta ao mar dos barcos pertencentes a Acerga o vindeiro luns. Unha información que foi completamente desmentida por esta asociación.
“Desde Acerga queremos desmentir esa información, non se levantará o campamento de San Caetano e os nosos barcos permanecerán amarrados sen retomar a súa actividade”, apuntou a entidade a través das redes sociais. Tamén pide á TVG que “contraste as súas fontes antes de publicar unha noticia como a emitida onte”.
Galicia Confidencial
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.