Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de noviembre de 2015

GRAZAS A DEPUTACIÓN 19 CAMBADESES DESCANSARÁN NUN BALNEARIO








A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou, esta mañá, a adxudicación de 821 novas prazas do programa "Coidarte 2015" dirixidas a persoas maiores de 50 anos, xubiladas e xubilados, pensionistas ou persoas que precisan un respiro familiar. Tal e como informou a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, os beneficiarios gozarán de dúas horas diarias durante cinco tardes seguidas (de luns a venres) nas instalacións do balneario, talaso e spa elixido (Talaso Atlántico de Oia, Balneario de Mondariz, Balneario Illa da Toxa, Balneario Termas de Cuntis, Talaso Spa de Moaña e Vía Argentum de Silleda), incluíndo os desprazamentos de ida e volta, seguro de viaxe, guía acompañante, gorro, chanclas e un refrixerio para despois da actividade.
Este programa, enmarcado dentro das políticas de cohesión social, trata de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores da nosa provincia, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e situacións de soidade. Ademais, Coidarte pretende contribuír a evitar a desestacionalización do sector turístico así como impulsar a creación e mantemento do emprego no mesmo.
As prazas outorgadas por concellos, nesta segunda parte do programa, distribúense do seguinte xeito:  44 prazas para Cangas, 42 para Tui, 30 para Cotobade, 27 para A Estrada e Tomiño, 26 para O Porriño e Meis, 25 para Moaña, 24 para Nigrán e Poio, 21 para A Guarda, 20 para Marín e Soutomaior, 19 para Cambados, 17 para O Rosal, 16 para Vilanova de Arousa, 15 para Ponte Caldelas, 13 para Caldas, Forcarei, Gondomar e Meaño, 11 para Moraña, 10 para Barro, 9 para Valga, 5 para covelo, 4 para Portas e 2 para O Grove e Salceda.
Como novidade, adheríronse á segunda parte de "Coidarte 2015" os concellos de Cotobade e Barro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.