Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2015

MEAÑO CONVOCA A PRAZA DE XUIZ DE PAZ










CONVOCATORIA PARA ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ

Oficiado pola Secretaría do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o Concello de Meaño para inicia-lo expediente de elección de Xuíz de Paz titular desta localidade; de conformidade co establecido na Lei Orgánica do Poder Xudicial, pola presente anúnciase a apertura dun prazo de quince días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados, que reúnan as condicións sinaladas no artigo 102 e concordantes da Lei Orgánica do Poder Xudicial, poidan presentar as súas solicitudes.

As instancias irán dirixidas á Sra. alcaldesa do Concello de Meaño e na mesma farase constar nome, apelidos, DNI, idade, profesión actual, domicilio do interesado e si desempeñou o cargo de xuiz de paz ou substituto, e xunto coa mesma deberá achegarse a seguinte documentación:

1.—Copia autenticada do DNI.

2.—Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

3.—Declaración de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade ou de incompatibilidade prevista para o desempeño das funcións xudiciais.

4.—Acreditación dos méritos que estime que pode facer valer para optar ao cargo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.