Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2015

RESCATADAS 9 PERSOAS PRETO DA TOXA






Rescatadas nove persoas tras afundirse un veleiro nas proximidades da Illa da Toxa

Un total de nove persoas foron rescatadas esta tarde tras afundirse o veleiro no que navegaban nas proximidades da Illa de A Toxa, no concello de O Grove. Por fortuna, ningunha delas precisou asistencia sanitaria. Unha embarcación do clube naútico ao que pertencían foi a encargada de rescatar aos afectados, que conseguiran chegar polos seus propios medios a unhas rochas próximas. 

Así, foron levados ao peirao de Santo Tomé, en Cambados, en perfecto estado de saúde. Así o relataron os efectivos de Protección Civil de O Grove, que indicaron, ademais, que o afundimento do veleiro podería deberse a unha manobra errónea durante a navegación. O CAE 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun particular ao fío das 17:00 horas de hoxe. De seguido, puxo en marcha un operativo no que participaron Salvamento Marítimo, que movilizou a embarcación Irmáns García Nodal, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que enviou o helicóptero Pesca I. Ademais, o 112 Galicia púxoo en coñecemento de Protección Civil de O Grove, Urxencias Médicas e Garda Civil.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.