Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de octubre de 2015

O XUVEN NON CULMINA A REMONTADA









A escuadra sevillana, con máis apuros dos previstos despois de ir vencendo por 23 puntos, conquistou Cambados e pecha o sábado como o único invicto da competición, á espera dos encontros de Covirán Selecta e Fundación Lucentum.


Comezo de tempada de ilusión para a escuadra sevillana, que acaba a xornada do sábado como líder en solitario tras sumar a súa terceira vitoria seguida en Cambados. Os de Javier Fijo rompían o partido cun parcial 0-14 no primeiro acto (10-23). Os galegos buscaban non irse do encontro e reducían a cinco-seis tantos, pero un novo acelerón de Olivas Fragata Morón mandáballes a un +13 ao descanso. E un 0-12 á volta á cancha deixaba o choque practicamente sentenciado (33-57). Pero os locais, a pesar deste adverso resultado, non baixaban os brazos e facían enfervorecer á súa inchada cun parcial 20-2 (62-65). Pero os locais non puideron culminar unha espectacular remontada e os sevillanos tomaban aire cun inspirado Mike Phillips, para chegar con firmeza ata o triunfo final.

A clave: Xuven Cambados chegou a ir 23 puntos abaixo e colocouse a dous, pero non puido darlle a volta ao encontro. Os sevillanos apoiáronse nun gran traballo colectivo, con cinco xogadores por encima dos dez de valoración.


Estadística

Fotos: Facebook XUVEN



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.