Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de octubre de 2015

HISTÓRICA XUNTA DIRECTIVA EN CAMBADOS DA FGF








A comarca de O Salnés convertiuse o pasado mércores na capital do fútbol galego debido a dous acontecementos. En primeiro lugar, a celebración, por primeira vez, dunha Xunta Directiva da Federación Galega de Fútbol en Cambados. E en segundo lugar pola disputa, tamén por primeira vez, da Final da Fase Autonómica da Copa RFEF en Ribadumia.

O Presidente da FGF, Rafael Louzán, decidiu aproveitar a elección do campo da Senra, en Ribadumia, como sede da final da Copa RFEF para convocar este mesmo día a Xunta Directiva e deste xeito aproveitar o desprazamento os dirixentes para levar a cabo tamén a reunión mensual que se está a facer desde que Louzán é Presidente.

O lugar elixido para realizar esta histórica Xunta Directiva non foi froito da casualidade. Cambados é unha das cunas do fútbol na comarca do Salnés, unha das que conta cun maior número de licencias por habitante. E o Parador Nacional é un dos seus edificios máis emblemáticos da capital do albariño.
Nun dos seus salóns celebrouse esta tarde una Xunta Directiva na que se trataron diversos temas, con especial atención á Mutualidade, un asunto que sofre importantes novidades que o propio Presidente e os Directivos explicarán en detalle a todos os clubs nunha rolda de visitas que van a facer en datas próximas a distintas zonas da xeografía galega.
Xa está totalmente definida a xestión directa da cobertura asistencial por parte da Mutualidade, unha vez que foi imposible chegar a acordos coas aseguradoras coas que se entablou negociación. Esta xestión directa xa se está executando desde o inicio da tempada e con bastante éxito, pero queda moito por facer. Primeiro informar aos clubs da necesidade de facer un uso responsable da cobertura asistencial, pois se están detectando disfuncionalidades que van en perxuicio dun bo servicio. A utilización indiscriminada das urxencias é un asunto a resolver. Os mutualistas deben saber que cando a lesión non revista gravidade deben solicitar consulta co especialista sen acudir ao servicio de urxencias. Dese xeito farase un mellor uso da cobertura sanitaria e a consecuencia será unha reducción no tempo de de baixa. Sobre esta e sobre todas as novidades relativas á Mutualidade falará o Presidente, os directivos e a Secretaria Xeral da Mutualidade nesas reunións que se manterán moi pronto cos clubs.
Na Xunta Directiva “cambadesa” tamén se trataron outros asuntos relativos á Escola Galega de Adestradores, ao Comité Galego de Adestradores e perfilouse xa o equipo de seleccionadores galegos para esta tempada.
A xestión de recursos humanos da Federación, a mellora de servicios informáticos, a situación do fútbol sala e temas varios que preocupan aos clubs de cada Delegación tamén foron tratados nunha Xunta Directiva que serviu de antesala para a gran final da Copa RFEF entre o Cerceda e o Rápido de Bouzas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.