Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de octubre de 2015

PORQUE VAI A XUSTICIA LENTA EN CAMBADOS?







Que o saiban os electores!

Como é sabido o atraso na xustiza en Galicia é importante debido á falta de órganos xudiciais que  poidan  atender a todas as demandas dos cidadáns.  
Os cidadáns como é lóxico enfádanse cando un proceso xudicial que debería ter resposta en pouco tempo tarda meses e mesmo anos en resolverse . 


Pero o que seguramente non saben os cidadáns é que  ademais cando nun órgano xudicial prodúcese un cesamento dun funcionario ou unha baixa, ese posto de traballo que debería ser inmediatamente cuberto por un funcionario interino non se está facendo. A Dirección Xeral de Xustiza  da Xunta de Galicia que é o órgano con competencias en materia de persoal  e que entre outras atribucións, ten a función de "coordinar a provisión aos xulgados e tribunais de Galicia dos medios materiais e persoal preciso para conseguir unha xustiza áxil e de calidade, aberta á cidadanía e aos profesionais da Administración de xustiza",   aguanta  o máximo tempo posible sen prover esa praza co fin de aforrarse uns euros. Así está a pasar actualmente en dous dos catro Xulgados de Cambados. 
O Xulgado nº 2 e o nº 3  que fai máis de vinte días que teñen un funcionario menos porque á mencionada Dirección Xeral non lle dá a gana de cubrir ese posto. Pois ben señores electores cando acudan ao Xulgado e con toda a súa razón protesten porque o seu asunto aínda vai  máis lento saiban vostedes que hai un órgano político responsable desta situación;  e  aos órganos políticos xa sabemos todos como se lles elixe. 

E.ÁLVAREZ







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.