Exáctamente non foi a última vez que falei con Chon, a penúltima para ser máis exactos.
Foi na sua casa dias despois de saír do hospital onde estivera ingresado case duas semanas.
En Chon ese dia vin a forza, a valentía e o coraxe que conocía dos seu artigos. A ilusión que poñía nos seus escritos era a mesma que poñía na sua familia e as ganas de vivir iguais as suas conviccións.
Comentoume que a pesar de ser unha persoa querida e "odiada" en partes semellantes recibira neses momentos o apoio, os ánimos e o cariño de xente de toda condicións social e política. Como el mesmo me dixo..."xente que nunca pensei que fora a facelo".
Chon nunca te deixaba indiferente cos seus artigos. A tal punto chegou que tivo que dimitir como Concelleiro por escribir unha verdade. Cecáis as formas ou as ganas de quedar ben de certas persoas levárono a tomar esa decisión non compartida por moitos.

Desde aquí un forte abrazo a Teresa, Chon Jr e Mariña e ao resto da familia.
CHON!! Vémonos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.