Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2015

O DIA DAS BIBLIOTECAS CELÉBRASE POR TODO O ALTO EN CAMBADOS









O vindeiro sábado 24 de outubro é  o Día das Bibliotecas, e en Cambados celebrarano por todo o alto


Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados, están a organizar a celebración do Día das Bibliotecas este sábado 24.


Teñen proxectada una xornada matinal de teatro ás 12.00  horas da man de Teatro dos Gazafelhos e os seus Contos de Lobo, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito, coa que pretenden agradecer a todos os usuarios da biblioteca municipal Luis Rei e as axencias de lectura das parroquias, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades que desenvolven ao longo do ano. Así pouco antes do comezo do espectáculo, rapaces asiduos da biblioteca lerán un manifesto a prol da lectura e os libros, que este ano escribíu o Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, Diego Arboleda, e a continuación premiarase aos lectores máis activos neste ano, cun lote de libros.


Ademais, dende a Concellería de Cultura informan que os rapaces do taller de informática e creación de blogs “A Bitácora da biblio”, participarán activamente nesta celebración e mesmo gravarán cachiños do acto para participar no proxecto de Isabel Coixet “Spain in a day”, no que milleiros de persoas de España enviarán microvídeos do que estean a facer ese 24 de outubro, e cos que finalmente a directora realizará un filme.


O espectáculo “Contos de Lobo” está orientado a público familiar e nenos de 3 a 10 anos, maioritariamente. Trátase dun conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose...Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos “Mon e Pe”, acordan para contar historias onde aparezan lobos... pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias...
Teatro dos Gazafelhos é  unha compañía galega nada na comarca de Ferrolterra no ano 2006 e creada por Montse Piñón e Pepablo Patinho.
Adoptando ideas como as de Michael Ende en Momo de “escoitar aos demais...”ou Antoine Saint Exupéry, “O esencial é invisible aos ollos....” e intentando contar historias sinxelas e profundas como Charles Chaplin, Ghazafelhos soña con evocar nas súas historias ás grandes xenialidades que entenderon o mais efímero da vida: a infancia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.