Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de septiembre de 2015

AUMENTA A ALERTA. LARANXA EN PONTEVEDRA POR VENTO







A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por vento na provincia de Pontevedra.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación galega, ampliase a alerta laranxa vixente por choiva na provincia de de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña, cunha nova alerta laranxa por ventos na provincia de Pontevedra, concretamente no ámbito das Rías Baixas, podendo acadar refachos de vento de ata 100 km/h.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.
Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.