A explosión dunha embarcación de lecer en Sanxenxo deixou cinco mozos feridos, un deles de gravidade. A súa lancha estourou cando estaba entrando no porto. As primeiras hipóteses apuntan a unha acumulación de gases como posible causa.A lancha estaba entrando no porto cando estoupou. Puido ser por unha acumulación de gases na parte traseira do motor.
Na lancha ían cinco tripulantes. Só un deles foi curado das súas feridas no mesmo porto. Os outros catro houberon de ser transladados. Un deles, grave, levárono no helicóptero ao hospital da Coruña. Os outros tres foron en ambulancia a Montecelo.
Foron os membros do Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo os encargados de extinguir as lapas. Tamén acudiron bombeiros, policía local, garda civil, membros de Salvamento Marítimo, Portos de Galicia e dos gardacostas.
Pero os primeiros en acudir foron os que andaban polas inmediacións do Club Náutico de Sanxenxo. Empezaron a darlle con extintores e a sacalos da auga.
Agora queda nas mans da policía xudicial concretar as causas da explosión.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.