Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2015

FEIRA DE ARTESANÍA A VINDEIRA FIN DE SEMÁN







Durante tres días, do 21 ao 23  de agosto celébrase a VIII Feira da Artesanía e Comercio de Cambados, unha mostra na que participan máis dunha treintena de artesanos, moitos dos cales contan coa marca Artesanía de Galicia. 
Na mostra, que se celebra durante todo o fin de semana, poderá verse o traballo de profesionais de oficios como a madeira, o textil, o encaixe, o coiro, a cerámica, fórxa, a cestería, a bisutería ou a pedra.
 
Ademais da exposición e venda dos produtos, completan o programa actividades paralelas relacionadas coa música, a exposición de pezas e as demostracións en vivo. Os visitantes poderán visitar a feira no Paseo da Calzada, un espazo próximo ao centro da vila e ao conxunto histórico de Cambados.


Poderanse ver postos de cerámica, cadros, figuras en ferro, flores secas, botellas decoradas, escultura en pedra, arte en area, xoiaría, cestaría, coiro e produtos alimenticios como mel, pan artesán ou queixo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.