Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de agosto de 2015

FIN DE SEMANA DEPORTIVO EN CAMBADOS






O Concello de Cambados informa que o vindeiro venres, día 7 de agosto, a partir das sete da tarde no Paseo marítimo de Cambados, disputarase a XXI MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO. A proba contará con varias carreiras por idades coas súas respectivas distancias: os nenos de 10 a 13 anos correrán 800m, os de 14 a 18 anos, 800m, os veteranos (maiores de 40 anos) correrán unha milla (1609m), e a categoría absoluta (de 18 a 40 anos) unha doble milla (3218m). Para estes últimos haberá premios en metálico e trofeos e medallas para os primeiros clasificados de cada categoría.
O sábado, día 8 de agosto, será o día do ciclismo, posto que se disputa o XLVII GRAN PREMIO CICLISTA DO ALBARIÑO. A partir das cinco da tarde e no circuito urbano de Cambados, tódolos siareiros poderán gozar do deporte do pedal con categorías dende cadete a xuvenil. 
A todo esto engadir a disputa do XLIV Torneo do Albariño de Fútbol entre o C.J. de Cambados e o Céltiga as 7 da tarde en Burgáns.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.