Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de agosto de 2015

ÉXITO DE ECOLOGICAL GALICIA EN CAMBADOS






Cambados acolleu esta fin de semana unha nova edición de Ecological Galicia. Esta feira, pensada para dar a coñecer os produtos con certificación ecolóxica, serviu de punto de encontro para un sector que non para de medrar. No 2014 facturou 31 millóns de euros, un 20% máis ca o ano anterior, e demostrou a súa capacidade para atraer mozos ao rural.

 Este é o terceiro ano que a feira Eco-Logical Galicia toma o centro de Cambados para amosarlles aos veraneantes os beneficios de consumir produtos ecolóxicos. Falamos de alimentos producidos sen axuda da química e co máximo respecto ao medio ambiente e ao benestar animal. Pero iso non é todo. Nas xornadas técnicas que se celebraron paralelas á feira, os expertos destacaron que o uso de técnicas agrícolas sustentables fai que os alimentos ecolóxicos sexan máis saudables e presenten un perfil nutricional mellor que os convencionais.

Cosmética, artesanía e sobre todo alimentación con selo ecolóxico chegados de toda España atraeron a atención dos visitantes. Entre os produtores amparados polo selo da Agricultura ecolóxica de Galicia, CREAGA, atopamos novidades como a dunha empresa coruñesa. Pratos precociñados ecolóxicos e vexetarianos, cun mes de caducidade, que venden por Internet para todos aqueles que queren comer san pero non teñen tempo para cociñar.
Na actualidade o CRAEGA conta con 703 produtores inscritos, entre produtores, envasadores e comercializadores. Destaca a incorporación de mozos que ven no ecolóxico a oportunidade de producir alimentos con garantías e valor engadido.

Os principais consumidores dos produtos ecolóxicos están no norte de Europa e agora tamén nos Estados Unidos. É o caso do viño ecolóxico cada vez máis demandado nos mercados internacionais. En Galicia xa hai exemplos de que é posible facer viño sen usar química grazas á loita biolóxica, os tratamentos autorizados e unhas prácticas culturais axeitadas.
Ecological Galicia tamén contou con obradoiros infantís para fomentar entre os máis cativos o respecto pola terra e trasmitirlles os valores da agricultura sustentable.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.