Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2015

O CAMBADOS ACADA UN EMPATE QUE VALE DE POUCO





O Cambados perdeu moitas opcións de manter a categoría tralo empate desta tarde en Burgáns contr un Moaña que sin xogarse nada non puxo as cousas doadas aos locais.


O partido arrancou con dominio local e  ocasiónspara abrir o marcados. Na primeira Álex Pena entretense na línea de gol, prácticamente e un contrario saca o balón cando o público cantaba o gol. Esto era no minuto 12 no 14, Rubén remata dentro da área e un defensa despexa para na seguinte xogada rodrigo revólvese na área local e consigue un bonito gol. De aí ata o minuto ocasións do Cambados que non acaban de rematar os seus dianteiros e pouco máis, ata que a falta de 3 para o descanso, unha  xogada colectiva acaba cun centro de Fontán e un remate de cabeza cruzado de Rubén Sánchez alonxando o balún no fondo facendo o 2-0. 
Segundos antes do descanso un erro local acaba co 2 a 1 no marcador. 
Pero faltaba a "cagada" e producíase  aos 9 minutos da reanudación. Erro clamoroso nun balón parado (saque de córner) o rival leva a contra e con algo de sorte ao final o balón entra na meta. 2-2 con moito tempo por diante.
Pero os locais non foron capaces de meter un terceiro que lles fixese albergar esperanzas de salvación. varias ocasións pero so unha algo clara que älex Pena botou fora. Agora so cabe agardar que se produzan ascensos nos grupos que afectan a ao grupo do Cambados 3ª galega e Preferente Sur e a cantidade de descensos menor de conxuntos de Pontevedra na 2ªB Galega e nas mencionadas anteriormente.

Aínda hai unha opción de salvarse pero pasa por gañar na vindeira xornada fora que o Grove axude vencendo ao Chaín, co que ten perdido o "average" e que non gañe o Salvatierra con que o "average" sí é favorable. 



FICHA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.