Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2015

PROPOSTAS CONTRA O DESEMPREGO DE SOMOS CAMBADOS





En Somos Cambados teñen moi claro que o desemprego e a falla de recursos económicos son agora mesmo as principais preocupacións de moitas familias de Cambados. Non entenden a escasa asignación de recursos nesta materia por parte do PP cando levamos meses con máis dun 25% da poboación activa en situación de desemprego (1.660 cambadeses), ou con contratacións precarias e temporais (soamente 12 dos 290 contratos asinados en Cambados no mes de febreiro foron indefinidos). O Concello, destinou no 2013 só 88.170,26 € a actuacións de carácter económico, para fomentar o emprego e desenvolver o potencial dos distintos sectores da actividade económica; pero, pola contra, destinou 367.532,44 € a festas e festexos ou 228.038,08 € aos Órganos de Goberno.
poligono industrialSomos Cambados propón unha serie de medidas para o fomento do emprego e apoio ás iniciativas empresariais e de autoemprego. Neste sentido, queren recuperar as parcelas do polígono industrial de Sete Pías sen actividade para poñelas a disposición de empresas en réxime de concesión a cambio da creación de emprego. Preto dun 25 % das parcelas atópanse baldeiras, mentres o PP pretende ampliar o polígono industrial.
Establecerán unha caixa de financiamento local para apoiar proxectos empresariais viables de emprendedores de Cambados, primando as axudas financeiras a aqueles proxectos empresariais que xeren emprego. Aprobarán a posibilidade deaprazar e acollerse a un período de carencia no primeiro exercicio de actividade e de bonificacións na licenza de apertura e taxas municipais para aqueles comercios e negocios de nova apertura no Concello de Cambados que creen emprego estable.Activarán a Mesa do Comercio Local, incluíndo aos comerciantes e empresarios que o desexen e non estean asociados. E tamén crearán un viveiro de empresas para apoiar a emprendedores, facilitándolles oficinas e despachos para aquelas actividades que o requiran, e destinando a nave do polígono propiedade do Concello, actualmente alugada, a aquelas actividades industriais dos emprendedores. Ademais, potenciarán o mercado municipal de abastos, impulsando a realización de mercados tradicionais e a exposición de produtos da zona no casco histórico na época estival.
Por suposto, defenderán con firmeza o sector do Mar, tanto o sector pesqueiro como o marisqueiro. Saneando o litoral costeiro, erradicando os puntos de vertidos de fecais ao mar, instando á Xunta a que faga análises periódicos nas desembocaduras dos ríos, e tamén das especies invasoras na Ría de Arousa. Tamén, solicitarán o abaratamento a Portos de Galicia das taxas que se abonan pola utilización dos peiraos e das instalacións. E faremos unha fronte común coa Confraría para defender as demandas de armadores, mariñeiros e mariscadoras.
GRAFICO ACTUACIONS DE CARACTER ECONOMICOApoio o auto-emprego na agricultura e viticultura; con asesoramento nos trámites para aquelas persoas que queiran darse de alta, información sobre axudas económicas e programación de cursos e obradoiros específicos (biocidas, poda, agricultura ecolóxica…), publicando as fincas de Cambados inscritas en BANTEGAL e creando un banco de terras municipais.Promoveremos o turismo aproveitando o sector do viño; fomentando e impulsando o Etnoturismo como forma de desestacionalizar a demanda turística; implantando e xestionando desde a Oficina de Turismo Municipal rutas guiadas en colaboración coas adegas que o soliciten e cos establecementos hostaleiros de Cambados; programando rutas polo Conxunto Histórico do Concello e as adegas; poñendo en valor o Museo do Viño. En definitiva, creando emprego arredor do ocio e o turismo, e non simplemente establecendo unha Ruta do Viño sen apenas promocionar o sector.
Promoverán Cambados como sede de congresos profesionais ou sectoriais de ámbito galego, estatal e internacional, co que iso suporía de beneficio para a hostalería e o comercio locais e a desestacionalización do turismo. Tamén promocionaremos o noso concello como sede de cursos universitarios. Ademais, solicitaremos a inclusión de Cambados no Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, entidade de cooperación territorial que integra ás principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal. Formar parte do Eixo Atlántico facilitaría o acceso a máis axudas e fondos europeos, e atraería máis turistas portugueses.
Fomentar a través de axudas directas a creación de iniciativas privadas no sector cultural, e apoiaremos a creación de empresas que poñan en valor a cultura e o patrimonio de Cambados. Impulsaremos unha Festa de carácter histórico para poñer en valor toda a zona declarada BIC (Fefiñáns, San Tomé e rúas do casco histórico) e desestacionalizar o turismo. Introduciremos esta festa no circuíto de festas históricas consensuando as datas da súa celebración cos comerciantes e hostaleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.