Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2015

PREGUNTAS PARA O PLENO DOS SOCIALISTAS




Aquí tedes todas as preguntas que plantaxa o Grupo  Socialista para ser contestadas no vindeiro pleno.


COMPLEXO DEPORTIVO DE "O POMBAL"
1.-Respecto ó arranxo das pistas de Atletismo de O Pombal, Cando se estima que van a estar totalmente aptas para o seu uso?
2.- Vaise adecentar o Campo de fútbol do Pombal que está na parte de atrás para que sexa oficial nas competicións que disputen os equipos do clube?
Cómo se vai protexer ós árbitros cando saian dos vestiarios ó terreo de xogo? Vanse colocar as barreras por encima das pistas de Atletismo?
3.- Vanse colocar no campo de atrás redes para que os balóns non saian por fora?
4.- Vaiselle dar solución ó Campo de fútbol do Pombal que se está a facer de novo, para que non se inunde cando chove?
Se a resposta é afirmativa, Cal é a solución? Vaise facer unha subida no centro coas baixadas cara os laterais ou vai quedar inclinado só cara un lado como está agora?
Se a resposta é negativa, Vaise colocar o céspede a pesar dos charcos e de que está o campo anegado? É tanta a presa pola inauguración que non importa que quede mal feito?
5.- Vanse a arranxar os problemas de iluminación no Campo novo xa que as torres dos focos están demasiado baixas?
6.- Por qué non se habilita unha cafetería para a explotación do clube dentro do propio campo e con vistas a éste para que poida autofinanciarse?
CÁMARAS
1.- A instalación de cámaras de videovixilancia  por parte das Administracións Públicas é un medio admisible en Dereito, sempre e cando se adopten as convenientes medidas de garantía de protección dos dereitos dos ciudadáns e o seu emprego esté claramente xustificado e responda como unha medida proporcional para garantir a seguridade e a saúde pública. Polo tanto, cal é o motivo polo que se instalaron cámaras na zona de oficinas e mostradores de dentro do Concello?
2.- Están funcionando as devanditas cámaras?
3.- As cámaras rexistran tamén audio ou só imaxes?
4.- Cal foi o custe total da instalación?
5.- Quen é a persoa ou persoas que visionan o contido das grabacións?
6.- Foron informados os traballadores do Concello de forma fehaciente de que se lles está a grabar no seu traballo?
7.- Está colocado algún cartel avisando que se está procedendo á grabación, tal e como esixe a normativa en vigor?

ACCESO A EXPEDIENTES

1.- Cal é o motivo polo que o Concello de  Cambados non da traslado ó Xuzgado de Contencioso Administrativo número Tres de Pontevedra da documentación requerida por este Grupo Municipal e en concreto da seguinte:
-Acceso ás contas bancarias do Concello,
-Acceso ó rexistro de pegada dixital dos traballadores,
-Acceso ó procedemento de selección de persoal do ano 2006
-Copia das sentencias que segundo se dí en prensa do 1 de abril constan en posesión do Alcalde, nas cales se lles da a razón archivando, non tendo que seguir entregando copia do rexistro municipal,
sabendo que deste xeito, se vai formalizar unha demanda e que o Concello será condenado a pagar en costas, por vulneración dos Dereitos Fundamentais?

2.- Cal é o motivo polo que o Concello de Cambados non permite o acceso ó expediente de concesión de licencia municipal, solicitada o 16 de abril nin ó expediente de reposición da legalidade ordenado por resolución xudicial no ano 2011, e que a día de hoxe, non se executou, e sobre o cal xa existe de Auto de 9 de abril no que se insta persoalmente ó Alcalde para a Execución  e se lle condea a pagar unha multa coercitiva?
Está iniciado o Expediente de Reposición da legalidade, ó que obrigaba a resolución do ano 2011?

3.- Cal é o motivo polo que o Concello de Cambados no permite o acceso ó Expediente completo de concesión Municipal, sobre o que xa existe sentencia definitiva desde xaneiro de demolición dunha casa construida con licencia municipal e denunciada pola propia Xunta, por estar construida nun solo de Especial Protección no lugar de A Pastora?

4.- Cal é o motivo polo cal o Concello de Cambados non permite o acceso ás adscripcións definitivas, que  do persoal municipal, se están facendo en base á nova RPT, solicitado o 10 de abril, e con Rexistro de entrada 2015/2183?

5.- Cal é o motivo polo que o Concello de Cambados non executou a Hipoteca prestada como aval, dunha casa situada en Sobradelo, para garantizar as obras de Urbanización na Rúa Atlántico, xa que o prazo venceu dezaoito meses despois do seu otorgamento (que foi o 30 de outubro de 2012)?

6.- Cal é o motivo polo que desde o seu vencemento non se está xenerando un interés de mora tal e como ven redactado no punto terceiro da Hipoteca otorgada ante Notario, do nove por cento en favor do Concello?

7.- Cal é o motivo polo que o Concello de Cambados non permite o acceso ó expediente  de concesión de licencia municipal, solicitada o 8 de abril con rexistro de Entrada 2015/2087?

CONTRATACIÓNS
1. Na Xunta de Goberno Local de data 12/01/2015, apróbase a solicitude dunha subvención á Deputación de Pontevedra para a contratación de 30 traballadores (23 peóns para tarefas de mantemento de infraestruturas e mantemento de vías e camiños no rural; 3 axudantes de turismo e actividades socioculturais, como persoal de apoio ás distintas actividades culturais que se programen no Pazo de Torrado, Sala Exposicións José Peña e Oficina Municipal de Turismo, 3 auxiliares administrativos para reforzo nas oficinas Municipais e 1 arquitecto técnico para traballos de reforzo no departamento de obras do Concello e na Área de Rehabilitación Integral).
Na Xunta de Goberno Local de data 17/02/2015, recibiuse escrito da Deputación de Pontevedra, comunicando a concesión de 30 traballadores (23 peóns de mantemento de infraestruturas e limpeza, 3 axudantes de turismo e actividades socioculturais, 3 auxiliares administrativos e 1 arquitecto técnico) por un importe total de 125.456,40 € con cargo ao Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015.

Este grupo municipal quere saber, presentouse a oferta dos traballadores indicados na oficina pública de emprego nos modelos normalizados para o efecto?
Tódolos seleccionados cumpren o requisito de pertencer o municipio?

2. Nas bases reguladoras establécese como documentación a aportar unha memoria global dos servizos que se van a desenvolver, indicando o perfil das persoas desempregadas que se van a contratar, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA), inscritas no servizo público de emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.
Cúmprense todas estas condicións nas persoas contratadas co fin ao que nos estamos a referir?
3. Ónde se fixo público o proceso de selección de todos estes postos de traballo? Qué dia se fixo público este proceso de selección?
4. Onde se poden atopar o listado de persoas admitidas para concorrer a dita selección?

OUBIÑA

1. Os veciños e as veciñas da parroquia de Oubiña, a pesar de pagar os seus impostos como o resto, senten un abandono por parte do equipo de goberno en canto a servizos e atencións, acaso neste pobo non todos os cidadáns son iguais?

2. Por qué a limpeza das beirarrúas, cunetas e arquetas se fai tan espaciada no tempo, chegando a superar periodos de máis de 6 meses? Acaso non hai persoal encargado de ir pola parroquia e comprobar que as rúas se anegan de auga ó chover por estar as arquetas sen limpar? Que incluso as herbas nas beirarrúas chegan a acadar unha altura de mais dun metro?

3. Non se considera que é necesario reparar as luminarias avariadas? Non se paga un servizo de mantemento? Por qué hai varias luminarias fundidas cos conseguintes problemas de seguridade que supoñen?

4. No pleno anterior, contestóusenos que os contenedores do lixo se limpan cada tres meses pola empresa concesionaria, cómo é posible que nesta parroquia os veciños e veciñas afirmen que como moito se limpen unha vez o ano, cos incómodos e antihixénicos cheiros e proliferación de insectos que supoñen? Vaise instar a empresa para que cumpra o servizo polo que pagamos todos e todas os veciñas e veciños?

5. En relación á seguridade vial, atopámonos con falta de espellos nos cruces, beirarrúas rotas, non hai sinalización de límites de velocidade, tampouco pasos de peóns en tódalas rúas, nin bandas sonoras para persuadir os e as conductores e conductoras de que non vaian a tanta velocidade, sobre todo en tramos nos que non hai beirarrúas, hai zonas sen barandas de seguridade cando existen alturas de mais de 2 metros. Solicitamos se poña solución a todos estos riscos para a seguridade canto antes.

6. Consideramos que o patrimonio desta parroquia merece unha especial protección, pero é obvio que este equipo de goberno non pensa o mesmo. Por qué os lavadoiros e as fontes se deixan deteriorar ata o punto de que se convirten en ruínas? Cando se vai proceder á limeza do regato de A Abelleira?

VILARIÑO

1. Os veciños e as veciñas da parroquia de Vilariño, a pesar de pagar os seus impostos como o resto, senten un abandono por parte do equipo de goberno en canto a servizos e atencións,

2. Por qué os camiños están sen limpar provocando que as augas pluviais desborden? Por exemplo, no camiño Ferreira – Con da Moura, quedaron de pasar unha pala, cal é o motivo de que non se cumprira coa palabra dada? Nos camiños de As Quintáns ademáis, non hai cunetas, para cando, xa que se lle levan prometidas ós veciños xa hai anos?

3. Qué pasa coas luminarias? Por qué a pesares de avisar os veciños en repetidas ocasións non se arranxan?Poñemos por exemplo a zona entre Horsal e o Pardiño, e na Rúa do Castro.

4. No pleno anterior, contestóusenos que os contenedores do lixo se limpan cada tres meses pola empresa concesionaria, cómo é posible que nesta parroquia os veciños e veciñas afirmen que como moito ven que se limpen unha vez o ano, cos incómodos e antihixénicos cheiros e proliferación de insectos que supoñen? Vaise instar á empresa para que cumpra o servizo polo que se paga? Qué é o que pasa co contenedor da Rúa Carballás que xa hai máis dun ano que se solicitou pleno tras pleno?

5. En relación á seguridade vial, os veciños e as veciñas queren que se inste para que se eleven pasos de peóns, que se sinalicen, se poñan límites de velocidade e que se poñan marquesiñas no lugar de Sameiro, A Modia e O Cruceiro.

6. Consideramos que o patrimonio desta parroquia merece unha especial protección, Por qué os lavadoiros e as fontes se deixan deteriorar ata o punto de que convirtan en ruínas? Destacar o estado do lavadoiro de O Pardiño o de Sameiro e os tellados dos lavadoiros que están en moi mal estado.

7. Os veciños e as veciñas de Vilariño hai un ano que comezaron os trámites para a construción dun baño nas inmediacións da Igrexa Parroquial, teñen
pendente a resposta do permiso de patrimonio, que se sabe sobre este asunto? Vaise  facer algo para consultar por qué motivo se está a retrasar tanto este trámite?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.