
No sobre hai catro papeis. Dous son da enquisa en sí da Universidade da Coruña, outro é unha carta dunha técnico de turismo(M. V. so damos as iniciais), que non se sabe ben en calidade de que se dirixe aos hosteleiros e unha cuarta que é tamén unha carta do alcalde, sen firma i en castelán, bueno as catro follas van en castelán.

que presume de ser a cuna de Cabanillas e "apostar" por outros autores da nosa lingua redacte cartas para os veciños en castelán. Pero é unha das moitas afrentas que desde este goberno do noso concello se lle fan a nosa lingua. Sabido é que hai hosteleiros castelán falantes pero non costaba nada facer como fan incluso desde o goberno de Rajoy unha carta nun folio cunha cara en castelán e por outra en galego. Será para aforrar? Pois hai moitos sitios onde aforrar miles de euros e non aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.