Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2015

O B.N.G. RECLAMA QUE SE ADOPTEN MEDIDAS NA PO-300 XA!!







Con respecto ao accidente ocorrido, hai uns días, na estrada PO-300 coa  desgraciada morte dunha veciña e no que tivemos a oportunidade de escoitar ao alcalde afirmando que, a partir de agora, se tomarán medidas para solucionar esta problemática;  queremos recordar que a perigosidade do lugar do accidente ven reclamando unha solución desde hai moito tempo. Xa no mes de novembro de 2011 a Asociación de Veciños de Oubiña, algúns veciños a nivel persoal e o propio BNG reclamaban por escrito, ante o concello e a Deputación, algunha solución que diminuíra á perigosidade desta estrada. Incluso algún veciño se reunira con representantes do goberno municipal en demanda dunha solución que aínda non chegou a dia de hoxe. E naquel momento xa se apuntaba aquel lugar como de gran perigosidade viaria, onde habitualmente se producían numerosos accidentes de tráfico e, tristemente,  neste mes de marzo xa se produciron tres.
Por iso o BNG non entende que fora necesaria unha vítima máis para comezar a ter en consideración a resolución dun problema que ven de lonxe e leva avisando de xeito continuado e de forma contundente. Por iso o anuncio da Alcaldía, en precampaña, de tomar medidas para solucionar esta histórica problemática, semella pouco acertado e demasiado tráxico para as familias que perderon alí aos seus seres queridos. A sensibilidade dos gobernantes debe demostrarse todos os días actuando responsablemente ante as reclamacións veciñais sen agardar a que, para actuar, deban producirse  situacións dramáticas como a vivida hai uns días. Esta nota de prensa ten a súa orixe no cabreo dalgúns veciños/as que se puxeron en contacto co BNG e consideran que se, no seu momento, lle fixeran caso ás súas demandas,  hoxe non o estariamos lamentando.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.