Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2015

DESMANTELADA UNHA REDE DE DISTRIBUCIÓN DE ANABOLIZANTES







A Garda Civil desmantelou en Vigo unha rede internacional de distribución de anabolizantes. Detiveron catro persoas relacionadas co mundo do culturismo que supostamente enviaban estas substancias dende Galicia a toda España e ao estranxeiro.

A investigación iniciouse hai meses cando a Garda Civil de Cambados detecta un movemento sospeitoso vinculado á compra e venda de substancias anabolizantes na zona de Vilagarcía de Arousa e Cambados. Tirando do fío os axentes dan coa organización radicada en Vigo. Alí realizan varios rexistros onde se incatuaron de gran cantidade destas substancias. Trátase produtos e de medicamentos como o clenbuterol ou o hormona do crecemento. O valor do material incautado podería superar os 60.000 euros. En total detiveron catro persoas que se cre que dende Galicia envíaban os anabolizantes aos compradores, incluso ao estranxeiro.

"Operaban dende Vigo e enviaban en paquetes estas substancias a toda España e incluso ao estranxeiro, a países do leste de Europa. Con eles o contacto era a través de teléfono ou correo electrónico. Trátase de xente relacionada co culturismo, co culto ao corpo, do mundo dos ximnasios", explica Diego García, responsable da investigación. 

A vinculación dos detidos co mundo do culturismo chega ao extremo de que algún deles conta cun imporante palmarés a nivel nacional e internacional nesta disciplina.

As autoridades destacan do risco que supón o uso destas substancias, que mesmo poden poñer en risco a vida das persoas que as consomen se non contan con supervisión médica.

Os catro detidos están acusados dun delito contra a saúde pública.



Info:T.V.G.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.