Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2015

O BNG PROPÓN TRANSPARENCIA E ÉTICA COMO BASE DE XESTIÓN PARA O NOSO CONCELLO







Está claro que a forma continuada de actuar do  BNG apórtalle credibilidade, e que de cara ás próximas eleccións municipais se presenta como a alternativa que, sen dúbida, actuara con transparencia; un concepto que o PP non acaba de comprender. A pasada semana dábamos a coñecer as nosas  propostas para realizar unha xestión municipal  con transparencia, pois a consideramos un  compromiso prioritario na xestión que o BNG fará ao fronte do concello de Cambados; un concello dominado actualmente por unha xestión escurantista.
 
Semella que para o PP a transparencia é un conto e, como consecuencia, o BNG leva anos agardando resposta para moitas das súas demandas. E cando recibimos respostas sempre gardan un certo engano; como cando falamos de convidados ao xantar do Albariño ou os gastos que nos supón o despilfarro do PP nesta festa; pois sempre ocultan información. O BNG está farto de agardar que o PP non dea contestación ás súas preguntas, o que, repetidamente, nos leva a insistir para conseguir a información solicitada. Así que, nesta ocasión, nos vemos obrigados a repetir a petición que realizamos, alá, polo mes de febreiro cando enviabamos ao concello unha serie de preguntas  sobre as obras do Plan E que o Ministerio de Facenda está a investigar no concello de Cambados para comprobar se no seu momento o PP fixo un uso correcto das inversións en referencia ás axudas recibidas por este  plan.

Queremos deixar claro que este tipo de situacións xamais se darían co BNG, por ser unha opción política comprometida co cidadán, cos principios do xogo limpo e que considera a ética como a base prioritaria na que se debe sustentar calquera actuación na vida. Por certo, a ética e outro dos conceptos que non existe no dicionario do PP.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.