Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2015

ALUMNOS SO I.E.S. ASOREY PASAN UNHA XORNADA INESQUECIBLE EN SANTIAGO










O pasado venres, 24 de abril, os  alumnos de 1º ESO participaron na actividade "Planta unha árbore no Bosque de Galicia" en colaboración coa Fundación USC Deportiva, nas faldras do monte Gaiás, en Santiago de Compostela. Aquí tedes as fotos dos alumnos do centro cambadés durante a xornada didáctica desenrolada en Santiago.


O Bosque de Galicia, proxecto da Fundación Cidade da Cultura de Galicia no que colaboran tres Consellerías da Xunta de Galicia e apoiado pola Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, quere contar coa colaboración cidadá para a súa fase de plantación.
A Fundación USC Deportiva colabora con este proxecto dando a coñecer á sociedade galega este novo espazo verde de Compostela a través dun pequeno paseo polo terreo onde se explican as accións que se están a desenvolver e que culmina coa plantación dunha árbore.

Descrición da actividade
A actividade dará comezo saudando aos participantes na entrada do Museo Centro Gaiás e explicándolles como se desenvolverá a actividade.
Continuarase cun pequeno paseo onde se percorrerán os puntos máis significativos do futuro Bosque de Galicia á vez que se irán explicando as accións levadas a cabo ata o momento e as previstas para o futuro máis inmediato. A distancia aproximada dende o punto de saída ata a zona de plantación é de uns 2 km.
Ao chegar á zona de plantación, asignaráselle a cada participante/grupo de participantes unha árbore e un burato onde plantala.
Os participantes plantarán a súa árbore co material facilitado pola organización e seguindo as indicacións do guía da actividade.

A plantación finalizará facéndolle a cada participante unha fotografía coa súa árbore, que se lles enviará posteriormente por correo electrónico como lembranza da actividade xunto cun certificado de participación.
Por último, volverase ao lugar de saída onde remata a actividade. Facilitaráselle a cada participante un bono para que poidan acudir á Cantina a tomar unha bebida quente.

O Bosque de Galicia e a actividade física saudable.

O Bosque de Galicia pretende ser un novo pulmón verde da cidade, ao tempo de querer converterse nun lugar de encontro dos composteláns e compostelás onde poder camiñar ou correr afastados do tráfico.
O obxectivo da Fundación USC Deportiva coa súa participación neste proxecto é contribuír á sensibilización da sociedade con respecto á importancia de manter uns hábitos de vida saudables e promover actividades que incidan neste aspecto.
O Bosque de Galicia, cos seus camiños e escaleiras de acceso á Cidade da Cultura, será un escenario idóneo para a práctica de actividade física, xa sexa camiñar, correr ou outro tipo de exercicios coma o tai chi ou a meditación, cuestións que se tratarán durante a presentación do Bosque aos participantes na actividade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.