Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2015

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA "SOMOS CAMBADOS"




A candidatura de Somos Cambados está formada por 27 persoas, o máximo legalmente permitido, das cales 14 son mulleres e 13 homes. A plataforma veciñal afirma que se viron desbordados pola cantidade de cambadeses e cambadesas que quixeron formar parte da candidatura, tendo que quedar xente fóra da mesma. Somos a candidatura da ilusión, a candidatura que mellor representa os desexos de cambio da sociedade cambadesa.
Somos Cambados pretende que este acto supoña o inicio dun proceso que durará preto dun mes e que rematará o 24 de maio coa materialización, a través das urnas, do cambio que Cambados precisa, logo de 28 anos de maioría absoluta do Partido Popular.
Neste acto ademais de presentar a nosa lista electoral, tamén se dará a coñecer o noso Programa de Goberno, “50 medidas para cambiar Cambados”, facendo un pequeno resume das principais medidas que van facer de cambados un concello no que o máis urxente sexa a atención da xente que máis o precisa, no que sexa unha prioridade a loita contra o desemprego, se melloren os servizos que presta o concello e se faga un concello máis aberto, participativo e democrático, un concello de tod@s.
Tamén dende a plataforma veciñal Somos Cambados puxemos en funcionamento a través da nosa paxina web, un servizo que permite aos cambadeses que así o desexen facer calquera tipo de doazón para sufragar os gastos da campaña electoral,ou ben facendo un ingreso na sucursal de Abanca de Cambados, e no que tamén sepermita en todo momento consultar as nosas contas, xa que se nos reclamamos transparencia, esta debe comezar dende nos mesmos. Medida que dende Somos Cambados animamos que tamén fagan o resto de forzas que se presentan as eleccións do 24 de Maio.
En Somos Cambados entendemos que a transparencia é fundamental para fomentar a participación e xerar confianza no proceso. Do mesmo xeito que poñemos un gran esforzo en comunicar “o que facemos” debemos transmitir claramente “cómo o facemos” e “con que o facemos”. Baseamos a xestión financeira de Somos Cambados nos principios de transparencia e rendición de contas, de tal forma que esta información se presentará de forma clara e accesible, publicando regularmente o balance de ingresos e gastos especificando claramente a as fontes de financiamento, o destino dos fondos, e do detalle de cada un dos gastos realizados. A liberdade de decisión e actuación veñen da man da autonomía. Por iso o obxectivo de Somos Cambados é a autoxestión e contar coa implicación das persoas para sustentar o proceso que permita a independencia financeira. Non imos aceptar o endebedamento coa banca pero tampouco grandes doazóns de persoas e/ou empresas que poidan condicionar o noso discurso e hipotecar as nosas propostas. Por iso consideramos importante unha xestión económica equilibrada, xestión que trasladaremos o concello de Cambados a partires do vindeiro 24 de maio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.