
Entre as máis de 250 persoas nun momento dado e sin perder a costume que teñen certos grupos de Cambados, achegouse ata a presentación o número tres dunha lista das que se denominan nova e independiente, concretamente Cambados Pode.
Costumes que creíamos erradicadas e que siguen planeando no ambiente electoral das dictaduras rancias ou dos que ven no adversario político ao inimigo. Pois haberá que decirlle a estes, que ir a un mitin a escoitar propostas non é nin malo e moito menos un delicto.
Despois de moitos anos sin ir a ningunha clase de mitins onte acerqueime a ver a presentación de Fátima Abal e o seu equipo e a sorpresa foi ver a o número un de Cambados Pode aparcar o seu coche case na entrada do Salón Peña e como o seu número 3 baixaba do coche i entraba a mirar que se "cocía" alí.
Esperpéntico, que a estas alturas, en pleno século XXI e unha candidatura que se fai chamar nova siga os exemplos da vella política inquisitorial, propia de rexímenes totalitaristas. Ou ían facer unha sondaxe sobre según tanta xente, tantos votos. Para saber canta xente acude basta con mirar os xornais de hoxe e os que non dan cifras dan imaxes e un xa se pode facer unha idea dos asistentes.
Pero como este grupo está afeito a facer asembleas sen publicidade nin testigos igual creen que todos son así.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.