Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de abril de 2015
REACCIÓNS A LIBERDADE DE SITO MIÑANCO
O xuíz de Vixilancia Penitenciaria da Audiencia Nacional, co informe favorable da Fiscalía, atende a petición de Sito Miñanco e permite que poida traballar de luns a venres. Para iso, déixao saír de prisión.
Sábese que as noites e as fins de semana terá que pasalas na cadea. Nese auto o xuíz establece unha condición inescusable para executar o permiso: prohíbelle expresamente viaxar a Galicia. O maxistrado considera que son moitas as persoas que sufriron aquí as consecuencias da vida delituosa de Miñanco e de feito no auto faise referencia á perda dunha xeración produto do consumo de drogas.
As reaccións móvense entre o enfado ao lembrar todo o sufrido e maila alegría que lles provoca o feito de que Miñanco non poida volver pisar o país. Aínda que moitos veciños prefiren gardar silencio e non opinar ao respecto, hai quen se amosa partidario de non esquecer nin perdoar o narcotraficante, e pídenlle ás autoridades que o vixíen de preto cando saia da cadea.
Hai quen opina que, sin vir por Galicia fixo "negocios" anteriormente, polo que sendo boa medida non é definitiva.
Fonte:TVG e CORES DE CAMBADOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.