Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de marzo de 2015

SOMOS CAMBADOS CHAMA AOS CAMBADESES PARA FACER UN PROGRAMA REAL E PARTICIPATIVO






Dende Somos Cambados convidan aos seus asinantes, simpatizantes e a todos os veciños e veciñas a participar na Asamblea para traballar xuntos nun programa electoral real e participativo nas vindeiras eleccións municipais, e que celebraremos o vindeiro Venres 27 de Marzo, as 20:00 no salón de actos de Exposalnes, no Paseo da Calzada.

Dende Somos Cambados pensan que os veciños e veciñas de Cambados temos que decidir por nos mesmos, onde e como temos que dotar a Cambados das medidas precisas para poder afrontar esta situación tan dura que estamos a vivir, con unha de cada tres persoas atopándose o borde de risco de exclusión social, onde o desemprego repunta na nosa comarca, e cun preocupante aumento ano tras ano da emigración. Entendemos que hai que propoñer medidas para evitar esta situación, e que entre a suma de todos poidamos saír adiante, polo que consideramos que o programa ten que ser realizado na súa totalidade polos propios veciños que sofren nas súas carnes a situación na que nos atopamos.

Entenden tamén, que de nada serve propoñer medidas nun programa electoral e plasmalas nel, e que logo nos atopemos con que non hai suficientes fondos para realizalas, como ven sendo habitual lexislatura tras lexistura, polo que entendemos que o noso Programa electoral e de tódolos veciños e veciñas de Cambados, ademais de ser participativo ten que ser real. Motivo polo cal fixeron unha análise previa non so dos últimos Orzamentos de Cambados, se non tamén do resto de concellos da comarca do Salnés, e que fan público tanto na sua paxina web coma nas redes sociais, para que cada un de nos saque as súas propias conclusións, e decidir entre todos, onde se pode aforrar cartos públicos e tamén onde se ten que aumentar a dotación orzamentaria, para que poidamos ter un programa electoral adaptado non so a realidade da situación que estamos a vivir, se non que tamén adaptado a situación financeira do noso concello e tamén a da nosa comarca. 


ANALISE ORZAMENTOS DE CAMBADOS




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.