Hai quince días, a directiva de Acerga -a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia- aseguraba que tivera que calmar os ánimos para que os armadores, reunidos en asemblea en Portosín, non optasen polas mobilizacións e se volvese ao conflito do ano pasado, con protestas cheas de altercados. Indicaban entón que preferían optar primeiro polo diálogo: pedían falar co presidente da Xunta antes de botarse á rúa. Esa reunión non se produciu. E, ademais, houbo novidades que o sector entende que «lle abocan áruína» como o borrador da repartición do xurelo que lles enviaron ou o peche decretado para a anchoa na zona IX A. Así que «a paciencia terminouse»: o cerco decidiu mobilizarse.
Asociación de Armadores do Certo tomaba esta fin de semana nunha reunión en Portosín: solicitar permiso para manifestarse o catorce de marzo. Din que os políticos lles están abocando a unha situación que rematará en desgraza.
A conselleira do Mar Rosa Quintana, de visita hoxe no Grove pediu calma e paciencia ós mariñeiros do cerco. Que non convoquen mobilizacións sen terse antes sentado a falar. Pero é precisamente a falta de xuntanzas o que os levou esta fin de semana a decidir en asemblea solicitar permiso para organizar unha nova protesta o catorce de marzo.
Na vista realizada ao Grove, a titular de Mar apelou á conciliación e á sensatez. Di que as decisións que se tomaron en canto ás cotas de xarda foron proveitosas, e non tocante ó reparto do xurelo, co que non están de acordo os cerqueiros, Quintana di que Galicia está ben posicionada. Quintana apela a unha boa xestión dos recursos mariños e darlle un valor engadido na comercialización para aumentar os ingresos. En calquera caso incide en que a disposición da Xunta é de reunirse.
A todo esto ninguén da Xunta recibe aos mariñeiros despois de varias peticións e non recentes precisamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.