Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de marzo de 2015

CONCURSO "POR DEREITO". TES UN CORAZÓN AZUL?






Este ano para axudar a concienciar sobre autismo queremos contar coa colaboración dos comerciantes e empresarios da nosa terra.
Esta idea xurde porque en anos anteriores foron moitos negocios os que nos enviaron as súas fotos concienciandos polo 2 de abril. Se vos animades so tedes que imprimir este carteliño e poñelo no voso negocio ao tempo que vistes de azul ese escaparate, porta, fachada...da túa empresa ou negocio.
Grazas por colaborar na concienciación do autismo!!
Son moitas familias as que agradecen a túa colaboración!!
A recepción das fotos farase dende o día 6 de marzo ao 2 de abril ambos inclusive.
As votacións abriranse no facebook de Por Dereito o día 3 e pecharanse o día 30.
O premio é totalmente simbólico: a foto gañadora será a portada do seu facebook todo o mes de maio e o gañador recibirá un diploma de agradecemento da Asociación Por Dereito enmarcadiño para lucir no seu negocio.
Envía as túas fotos a través do facebook ou ben ao correo electrónico:
asociacionpordereito@gmail.com



DESCARGA O CARTEL AQUÍ


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.