Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de marzo de 2015

CEN ANOS DE "VENTO MAREIRO" DE CABANILLAS


Dias pasados o Concello de Cambados firmou coa familia Cabanillas o convenio de cesión do legado documental familiar sobre o poeta cambadés que está previsto depositar nunha sala do edificio municipal de Exposalnés destinada a acoller esta colección. A firma coincideu na véspera do 1 de marzo, data na que se conmemora o centenario da publicación de Vento Mareiro, un dos libros cimeiros da poesía galega.
Figura clave da literatura galega de tódolos tempos, Ramón Cabanillas (1876-1959).
Cabanillas
Vento mareiro, foi publicado por primeira vez na Habana, en 1915. Vento mareiro  constitúe un poemario central do primeiro Cabanillas. Trátase, pois, dun libro-encrucillada no que están presentes tódalas direccións que se prolongan ao longo da obra do noso poeta. Pluralidade temática e compositiva, entón, neste Cabanillas capaz da dicción contida, da chamada á loita agraria, pero tamén da sentimentalidade tardorromántica e idealista. Poeta cívico e, ao tempo, lírico e culturalista, Ramón Cabanillas é, finalmente, unha das voces imprescindibles da nosa mellor poesía de sempre.

Acto da firma do convenio
O primeiro de marzo de 1915, segundo informa o colofón do libro, acabouse de imprimir na Habana Vento mareiro, o libro de Ramón Cabanillas que revolucionou a poesía galega do século XX enlazando coas voces do Rexurdimento.  Ramiro Fonte, que preparou a edición publicada por Xerais na BLG hai vinte anos, definiu por este libro a Cabanillas como «o poeta agardado, o poeta necesario», xa que con Vento mareiro enlazou coa proeza de Rosalía, Curros e Pondal e iniciou a modernización radical da poesía galega do século XX. Un libro encrucillada onde están presentes todos os camiños que logo emprendería o autor Da terra asoballada, un libro fundamental para a literatura galega, mais tamén para Cambados, berce do poeta, vila mariñeira a quen Cabanillas dedicou estes versos en tipografía de ouro: «A ti meu Cambados, probe, fidalgo e / soñador; que ó cantareiro son dos pinales / e ó agarimo dos teus pazos lexendarios, / dormes deitado ó sol, á veira do mar.»


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.