PROPOSTAS DE NOVAS TASAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA PODER SEGUIR DESANGRANDO AOS CAMBADESES
Fai algo máis dunha semana faciámonos eco do malestar dun hostaleiro cambades porque recibiu unha notificación do concello onde lle obrigaban a volver a pagar o imposto de lixo dos anos 2011 e 2012; imposto que xa pagou no seu dia e que cando foi a pedir explicacións a ORAL a resposta que lle deron foi que, efectivamente, xa o tiña pagado e que o que lle reclamaban era un imposto “que se inventou o Concello de Cambados”.
Obviamente, a raíz desta anécdota podemos sacar moitas conclusións e, si damos por boa a versión de dito hostaleiro, moitos coincidiremos que o concello de Cambados non é un concello tan “perita” como manifestou no seu dia o alcalde. ¿cal será o próximo imposto ou taxa que se inventará Aragunde para seguir “atracando” aos cambadeses?
Preocupados pola saúde financeira do axuntamento e cun claro espírito “reconciliador” co noso “querido” alcalde, ofrecémoslle unha serie de impostos que se poderían crear e que, sen dúbida, axudarían a aliviar as penurias económicas que parece estar sufrido o concello.
IMPOSTO SOBRE O INSULTO E PALABRAS MALSOANTES A CARGOS DO PP
Cada ano, sobre todo en datas sinaladas, como na Festa do Albariño (na que o noso pobo enchese de políticos de certo nivel) a comitiva sempre ten que aguantar, de cidadáns ou de determinados colectivos, insultos diversos ou comentarios do tipo: “hoxe vas coa muller oficial ¿onde deixaches á amante colombiana” ou “¿cando me invitades a esas orxías sexuais que vos montades?; pois ben, ¿por que non sacarlle rédito a tales palabras soeces que teñen que soportar os nosos “respectables” políticos? Pois para iso nada mellor que un imposto sobre o insulto e palabras malsoantes que seria de aplicación xeral porque, hai moi pouca xente que non teña motivos para insultar aos nosos gobernantes e, así, dese modo, a xente podería desafogarse a gusto con Feijoo, Rajoy, Louzán ou Tourís.
IMPOSTO SOBRE “ENCHUFES”, ESTOMAGOS AGRADECIDOS E “PARASITOS” VARIOS
¿Algunha vez parástesvos a pensar na cantidade de xente enchufada ou estómagos agradecidos que hai no concello? Fulares, a súa parella, o xefe de prensa, o asesor xurídico ou, mesmamente, ese rapaz dunha coñecida familia pasteleira que é dos que mais horas extras cobra (outra cousa é que as traballe), por non falar de todos os operarios “colocados” non pola súa valía profesional senón, simplemente, polo seu manifesto servilismo ao PP; pois ben, dado o alto numero, como diciamos, de estómagos agradecidos que viven do concello ¿por que non aplicarlle un imposto?; sen dúbida reportaríalle ás arcas municipais fortes ingresos, é o menos que se lles podería esixir por cobrar do Concello i, en algúns casos, estar a maior parte do tempo tocándose as súas partes pudorosas.
IMPOSTO SOBRE OS MALOS CIDADANS E INIMIGOS DA “GLORIOSA” NACION ESPAÑOLA
Todos sabemos que para o PP todos os que non os votan son ou simpatizantes de ETA, ou “perroflautas” ou perigosos independentistas que buscan a destrución de España e, por tanto, tales individuos deberían pagar un imposto por malos españois e por vivir na “gloriosa nación” que, en tempos pasados, foi un imperio onde nunca se poñía o sol. Obviamente este imposto non seria igual para todos, aumentando o gravame a medida que o individuo amosase mais distanciamento do que debe ser un perfecto cidadán; é dicir: colleriamos un exemplo de bo e perfecto español, por exemplo, o noso querido Jose Pepe, modelo de cabaleiro e cidadán exemplar onde os haxa, e dese modo individuos “inadaptados” como Xaquín Charlín “Chon” ou Arturo Cores pagarían o interese impositivo mais alto porque pouco ou nada se parecen ao noso “querido” e sempre “recordado” escribidor favorito; obviamente poden reducir dito gravame si cambian de conduta ou maneiras,por exemplo, acudindo á misa dominical ou portando o pendón na próximas procesións estivais (cando falo do pendón falo da bandeira non vaiades a pensar en ningunha amante colombiana que xa os vexo vir), neste sentido será importante a información que poida aportar Don José, o párroco.
IMPOSTO POR ADMIRAR AOS “MONUMENTOS” LOCAIS PPEPEROS
Que Cambados non ten políticos de dereitas de alto nivel iso é sabido por todos pero o que ninguén poderá negar é que, en algúns casos, moitos deles atesouran un atractivo e un “sex appeal” fora de toda dúbida; eu, aquí mesmo, teño expresado todo o que me inspira a ex concelleira local e actual deputada autonómica Rosa Oubiña, unha muller que, probablemente, podería vivir sen cerebro, dado o pouco uso que lle da, pero ¿que non se podería dicir e loar dese corpo que non envexa en nada ás top models internacionais? como sen dubida diría (e utilizando as súas propias palabras) o meu admirado, e anteriormente nomeado, José Pepe: “una mujer por la cual mas de un varón perdería la cabeza y la razón”.
Como non quero que me acusen de machista, tranquilas que tamén hai para vos e que mellor representante da masculinidade pepera local que o guapo oficial cambades: o tenente alcalde Toñito Pombo, modelo da virilidade cambadesa por antonomasia, por non falar do propio alcalde Aragunde, un galan de talla XXXL e incluso o propio Fulares, porque pode que Fulares sexa un parasito da administración cambadesa e un cancro para a súa economía, que o é pero sendo xustos, ninguén pode negar que é “guapito” e “resultón” : esa barba canosa e de aspecto, aparentemente desaliñada, esa pose ao James Dean; envexo a súa parella (como xa dixemos anteriormente outra parasita do concello) por ter tan boa compañía.
Pois ben, dito todo o anterior, ¿non seria xusto que os cambadeses tivesen que pagar unha taxa por gozar e alegrarse a vista con tal “tremendos” corpos? nada mais xusto; iso si, si os cidadáns tiveran que pagar poderían esixir unha serie de contra prestacións , por exemplo, que cando Aragunde saíse a remar na piragua, se puxese unha tanga que realzase os seus mais que “predominantes” atributos aínda que sexa por ser a parte que mais se toca cando está nos plenos municipais.
Esperamos ter sido de axuda e si o Concello toma nota e implantan algúns destes impostos non nos odiedes o que importa non é o correcto funcionamento e marcha do pobo senón que Aragunde e os seus secuaces poidan seguir vivir de tódolos cambadeses.
Un saúdo a todos.
RICARDO DOMINGUEZ REY
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.