O mar en Cambados
O IES Francisco Asorey encóntrase en Cambados, unha vila costeira definida claramente pola influencia natural, social e económica do mar, razón pola cal propuxemos un novo programa de excelencia que levou como título O mar en Cambados. Así mesmo, a temática mariña é un campo de coñecemento próximo á realidade de calquera alumno dunha vila costeira e pesqueira coma a nosa e, ademais, abríasenos un campo de coñecemento dunha enorme proxección en diversas áreas de investigación.
Así arranca o artigo sobre a Experiencia Programa de Excelencia (O Mar en Cambados) Que se desenvolveu o Curso Pasado no Centro, I.E.S. Asorey de Cambados e e publicado na Revista Galega do Ensino.
No artigo inclúense vídeo e fotografías do traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.