Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2015

POSTURAS ENCONTRADAS Á ENTRADA DO PORTUGUÉS NA ENSINANZA GALEGA





A Xunta de Galicia  ven de propoñer o Memorando de Entendemento para a Adopción do Portugués como Lingua Estranxeira de Opción e Avaliación Curricular no Sistema Educativo Non Universitario da Comunidade Autónoma de Galicia. Despois dun lustro de promesas incumpridas sobre o achegamento ao portugués, a Xunta de Galicia concretou esta semana un pacto con Portugal polo que a língua do país veciño poderase cursar como optativa no ensino medio a partir do vindeiro curso, como xa se fai hai anos na autonomía de Extremadura.
Pero para os pais dos alumnos de CONFAPA, que acapara a maior parte de ANPA´s de Galicia  critica que se faga sen aumentar o tempo para o galego. "Por que non se lle dá oa galego o 50% que lle corresponde a nivel educativo, e queda nun 30%?" .
Desde CONFAPA  non cuestiona a promoción do portugués -de feito asegura que "meter outra lingua está ben".

Unha postura de todo diferente mostran desde a Asociación de Docentes de Portugés na Galiza. Unha voceira declarou hoxe que a entrada deste idioma do ensino favorecerá aos nenos porque van "aprender estruturas que estamos deixando de usar por influencia do castelán" e permitirá aos galegos "comprender outras culturas que até agora non entendiamos porque non ollábamos para elas".

Info:Galiciaconfidencial.com


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.