Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2015

UNHA CONSULTORA DE LUGO ESQUÉCESE DA FEIRA ECOLOGICAL






Rafael Ribadulla da Consultoría AGRONOVO ven de deixar en moi mal lugar á Feira Ecolóxica de Galicia que se vai desenrolar en Cambados por terceiro ano, na segunda semana de agosto.


Na consultora de Rafael Rivadulla acaban de elaborar unha das primeiras guías de agricultura ecolóxica en galego e adaptada ao país. Agronovo apostou por este sector hai dez anos, cando poucos apostaban por el. O prezo e a introducción destes alimentos nos comedores escolares. son algúns dos temas da entrevista.

En declaracións ao xornal dixital GALICIA CONFIDENCIAL di que tralo aumento de producción de agricultura ecolóxica, Galicia necesita unha feira que destaque e "venda" mellor os productos ecolóxicos, obviando a que ten lugar en Cambados desde hai2 anos e que este se repetirá.

Lembremos que en ECOLOGICAL´15 como en anos anteriores haberá charlas dos mellores profesionais do sector de diversos lugares de España con variadas temáticas, exposición de proxectos a realizar, novos produtos, degustacións, cursos, catas, encontros profesionais..., todo nun mesmo espazo ao longo de catro días.
Non sabemos as razóns deste "esquecemento" pero temos que destacar que esta consultora non acudeu a ningunha das anteriores edicións, como tampouco se fai eco da feira na sua páxina de facebook, nin no seu twitter, nin na sua web.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.