Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de febrero de 2015

O VINDEIRO SÁBADO FESTIVAL "RUMBO A COLISIÓN" EN CAMBADOS





A Asociación de embarcacións tradicionais de Cambados Clube Marinho Salnés invítavos a asistir o próximo 21 de febreiro o Festival.


O FESTIVAL DE CULTURA MARÍTIMA: RUMBO DE COLISIÓN, dará comezo as 18.00h cunha Varada de Embarcación Tradicionais na praia de San Tomé. Por iste motivo convocan a todas as asociacións de cultura marítima para que vos acheguedes a Cambados coincidindo coa marea chea para varar na praia, izar as velas e compartir con nós un día de Festa con exposicións, actividades infantís, obradoiros, teatro e música..., moita música.

Haberá actividades para os pequen@s con xogos, obradoiros e teatro.
Os Xogos Populares, realízanse en colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de O Grove, que presenta até 25 xogos populares e tradicionais: bolas, picas, espigos, ringleiras..., aquí van algúns.

Tamén montarán un OBRADOIRO DE CULTURA MARIÑEIRA que desenvolverán as Mariscadoras de Cambados: GUIMARTUR e a Asociación de Embarcacións Tradicionais "A Torre de Cambados".
E as 7h do serán, a COMPAÑÍA NELSON QUINTEIRO presenta en Cambados (Salón de Peña) o espectáculo PAPIROFLEXIAS: O ASTEROIDE DE PAPEL, unha montaxe teatral de música, son e papiroflexia.


Para rematar o concerto que organizan en colaboración con diversos locais de Cambados e os seguintes grupos musicais:

- The Even Flow Experience 
- Skalopendra 
- Noite Fechada
- Leo Arremecajona.

- De Balde
E COMO REMATE, ou Fin de Festas: BATUKADA  con TRÓPICO DE GRELOS E OUTRAS SOPRESAS.


ENTRADA DE BALDE
BARRA A PREZOS POPULARES

AH!, E COMO É SÁBADO DE PIÑATA, AGARDAMOS QUE VEÑADES DISFRAZADOS




RUMBO DE COLISIÓN. SÁBADO 21 DE FEBREIRO. SALÓN DE PEÑA-CAMBADOS





1 comentario:

Clube Mariño Salnes dijo...

Moitas gracias por participar na difusión do Festival.
CMS

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.