Hai tempo, CORES DE CAMBADOS denunciou que o lavadoiro de Fefiñáns atópase nun estado lamentable, agora son os veciños quenes amosan o seu descontento a través da web PontevedraViva.
Os veciños de Cambados amosan a súa preocupación pola imaxe que presenta a Fonte Lavadoiro de Fefiñáns que se atopa nun estado deteriorado ante a presenza de numerosos grafitis e pintadas.
Esta obra está incluída no Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico de Cambados para a súa "protección integral" e sinalan que levan dous anos en estado de abandono.
PontevedraViva |
Segundo indican os veciños, as primeiras pintadas apareceron no verán de 2012 nos carteis e postes deste lavadoiro. Dende entón, apuntan que tanto na pedra coma na estrutura se observa un incremento do número de grafitis.
PontevedraViva |
Afirman que polas noites reuníanse xóvenes provocando algún incidente traendo consigo queixas entre os veciños. O lavadoiro utilízabase como zona para a celebración de botellóns, ata que se trasladaron para o Parque de Torrado. Seguen reuníndose de cando en vez e vese claramente os luns, cando os servizos de limpeza se empregan a fondo para recoller os restos das "festas".
Por este motivo, os veciños reclaman medidas de control por parte da Policía Local que eviten estes actos vandálicos na zona.
Info: PontevedraViva
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.