NOME COMPLETO Rodrigo Durán Rey "Rori"
DATA DE NACEMENTO 1 de setembro de 1941
LUGAR DE NACEMENTO Cambados (Pontevedra)
DEMARCACIÓN Defensa
CLUB DE PROCEDENCIA Cambados
TEMPADAS NO CLUB 6 (1960-66)
PARTIDOS 77
GOLES 0
CLUB DE DESTINO Lleida
O Real Club Celta deambulou durante dez anos pola segunda división na década dos 60 do pasado século. Nesta complicada etapa, o club viuse obrigado a realizar unha firme aposta pola canteira, xa que as dificultades económicas o afogaban. A comezos dos anos 60, chegaron ao club varios valores da canteira galega como Marcelino, Ávila, Cordal ou Rori. Algúns destes xogadores, haberían de ser cedidos a equipos de terceira para foguearse mentres a outros se lles concedía a carta de liberdade.Mentres os seus compañeiros Marcelino e Cordal gozaban de oportunidades para xogar co primeiro equipo, Rori tivo que conformarse con esperar para debutar co Celta, asinando a súa renovación polo club como xa fixeran algúns dos seus compañeiros.
Sendo aínda xuvenil xogou no Cambados en Terceira División. Logo chego ao Celta que o cedeu ao Grande Peña, xogando co primeiro equipo só partidos amigables. Non chegou a debutar ata o seu terceiro ano no club, porque o segundo ano estivo na mili. Din del, que daba gusto velo correr a banda, como suaba a camiseta, entregábase, loitaba, sufría... Rori non era un futbolista de moita técnica, pero suplía as súas carencias coas grandes virtudes de loita que posuía, era un guerrilleiro de zaga.
Era un xogador con proxección e bastante prometedor, por iso, o Celta quixo reter o mozo defensor, que na campaña 1962-63 gozaría dun gran protagonismo na zaga céltico, xogando os seus primeiros partidos co equipo, concretamente 18. O debut de Rori co Celta produciuse o 23 de setembro de 1962, en terreo do Indauchu, nunha vitoria celeste (0-2).
Tras xogar bastante neste primeiro ano, xa no seguinte curso logrou converterse nun dos fixos do equipo celeste, pois só sería superado por Antón Las Heras en canto a participacións. Rori xogaría un total de 25 encontros, por 28 do vasco.
Tal foi o seu progreso, que tamén subirían as súas pretensións económicas, ao mesmo tempo que aparecían os problemas co club. Por entón, a ficha máis alta era de 175.000 pesetas anuais. Pintos, Herminio e Rori, quixeron a mellora nos seus contratos debido a sua importancia no equipo, pero o Celta exerceu o dereito de retención.
![]() |
| Rori, arriba nun Celta vs Athletic (10-05-1964) |
Os contratos dos futbolistas españois cos seus respectivos clubs puideron ser prorrogados indefinidamente, dende 1966 ata 1979, co simple incremento anual do 10% da súa ficha. O dereito de retención dos futbolistas en España, polo tanto, de carácter autenticamente escravista, supoñía ata entón a prórroga unilateral, por parte do club, dos contratos dos xogadores unha vez concluídos os asinados con anterioridade. Só en 1979 se conseguiu dar o primeiro paso para derrogar un dereito en vigor ata datas recentes.
Nun principio, o club podía reter para sempre calquera xogador que se lle antollase, aínda en desacordo co propio interesado. A Federación Española de Fútbol, ademais, colaborou nestes casos cos clubs ao reter a necesaria licenza federativa. No caso que nos atinxe, despois de non poucas reunións, e xa case a comezos da tempada 1964-65, os tres entraron en razóns e estamparon a súa firma.
Na traxectoria de Rori co Celta, destacan as tres expulsións que sufriu. Naquela época non existían as tarxetas, e os árbitros expulsaban directamente os futbolistas se cometían algunha acción merecedora. Se embargo, eran bastante incorrentes a expulsións na época, por iso chama moito a atención que a Rori o expulsasen 3 veces co Celta. Seguramente, as súas características de xogador físico e pundonoroso bastante tiveron que ver.
Na campaña 1964-65 Rori continuaría tendo un gran papel co equipo, sendo un dos máis aliñados por Joseíto, adestrador céltico..
Pero coa chegada de novos reforzos na tempada 1965-66, Rori non tería sitio no equipo, e o club daríalle a carta de liberdade xunto aSánchez e o gardameta Coché. Chamou bastante a atención que o club prescindise dos servizos de Rori, pois o seu último ano na zaga céltico fora bastante bo.
Tras exitosos anos como un referente da zaga, este loitador de retagarda viu como inxustamente se lle deixaba marchar da entidade celtiña.
Tras deixar o Celta foise a terras catalás para xogar no Lleida.
Rori conta, que garda un grato recordo de dous do seu adestradores no Celta, Eizaguirre, co que debutou, e Joseito.
Dos seus compañeiros garda unha grande amizade con Antón Lasheras, e recorda con cariño a outros moitos, como Téllez, Zunzunegui, Albino, Pinto, Costolla, Polito, Pepiño, Joaquín, Ávila, Silveira, Germán...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.