Estas preguntas súmanse ás mocións rexistradas para a ampliación do hospital do Salnés, e para o correcto etiquetado do mexillón. Así, o grupo encabezado por Fátima Abal aproveitará o pleno do vindeiro xoves 18 para preguntar por varias cuestións de actualidade, entre elas a nova e polémica relación de postos de traballo do concello, que será sometida a votación no propio pleno, e na cal se lle suben o soldo aos cargos de confianza do alcalde mentres que se lles baixa a moitos outros operarios, pretendendo dar así lexitimidade aos sobresoldos que de forma irregular se veñen aboando dende fai anos.

Outras cuestións que tamén abordarán os socialistas teñen que ver coa enorme demora na reparación da conexión a internet da biblioteca municipal, que por mor dunha avería estivo máis dun mes sen dispoñer dun servizo tan fundamental hoxe en día. Tamén preguntarán pola falta de limpeza nas rúas de Cambados, algo que por desgraza é habitual dende fai moito tempo e que dana tan seriamente a imaxe dunha vila que ten no turismo un dos motores da súa economía. Ademáis, tamén farán varias preguntas relativas ao transformador eléctrico que se sitúa na rúa os Pazos, nun terreo de titularidade municipal e moi próximo ás vivendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.