Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de diciembre de 2014

ESPUMOSOS RIAS BAIXAS E OSTRAS






Imaxe da TVG
Viños burbullantes e ostras foron o apertivo en Cambados. O Salón Peña acolleu a terceira cata de presentación de escumosos da denominación de orixe Rías Baixas. Seis Adegas deron a coñecer en sociedade os seus caldos, nos que a fermentación natural en botella, unha vide que envellece lentamente e medra a menos de 14 graos son parte dos segredos destes elixires.
A xornada xuntou unhas cen persoas, entre elas o cociñeiro de TopChef Yayo Daporta. O alcalde do concello, Luis Aragunde, inaugurou o evento, lembrando que Cambados é berce de viños excelentes e o maior produtor de ostras de España. Os participantes saborearon os escumosos maridados cos moluscos afrodisíacos chegados da ría da man de catro depuradoras locais.



Alba Martín, de Martín Códax, Laxas Sensum, de As Laxas, Burbullas do Atlántico, de Adegas Eidosela, Mar de Frades da mesma Adega, Feitizo da Noite, de Pablo Padín e Señorío de Rubiós, de Coto Redondo, chegan como opcións para as festas de Nadal.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.