Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de noviembre de 2014

2001, UNHA ODISEA NO ESPACIO





No ano 1968 Arthur C.Clarke coa súa novela “El Centinela” puxo en bandexa a Stanley Kubrick a creación dun dos grandes hitos do Cine. A súa impronta, o seu legado,  se transmite xeración tras xeración ao ser unha obra que chegou por diante do seu tempo. O Amencer do Home, Da Terra á Lúa, Misión a Xúpiter e Xúpiter, máis alén do infinito son os capítulos onde se mesturan  o pasado e o futuro, deixando un final aberto  que cada un pode interpretar a súa maneira. E coma icono universal, a figura dun enorme MONOLITO DE PEDRA cravado na Terra, no Espazo, en calquera lugar,  coma sinónimo segundo os estudosos, da Intelixencia.
Cambados ten o seu monolito no Concello de Cambados. Son moitos os admiradores da obra de Kubrick que de cando en vez visitamos ese espazo único onde  quedan mimetizadas na pedra os pesares e os anceios daqueles que percuran unha explicación á creación do Universo. Conmino a calquera que visite ese lugar e se decatará que ten un algo que non é deste mundo. Eu coma profano nestas cuestións teño ido de cando en vez a ese sacrosanto lugar e reconozo que alí acontecen cousas que pertencen ao Universo de Kubrick.

O AMENCER DO HOME
O meu admirado Eduardo Haro Tecglen dicía que a civilización comeza cando un lle zoupa a un semellante, cando lle roba a finca, e lle quita a muller. Que aí  principia a humanidade, o progreso, a civilización, entendida coma un conxunto de ideas, ciencias, artes y costumes que forman e caracterizan o estado social dun pobo ou unha raza. O cineasta Británico debulla o paso dun home primitivo a un homo sapiens coa aparición do famoso Monolito. Este fai acto de presenza e provoca unha catarata de acontecimentos que fan crer que boa parte da Humanidade se construeu a traveso do sometimento do resto das especies,  ou o que é o mesmo: que o home coma colonizador doutros homes e dotado dunha intelixencia que non posúe o reino animal, se convertía en explotador.
Ah, pero con ese instinto tamén naceu a aprendizaxe. Hai pezas de serie que todo ser humano leva dentro e que segundo as uses, así serás de valorado ou non. Facer o correcto”, polos teus propios méritos e percurar  facelo sen pisar a naide, xa que a traveso da Humanidade os homes tivemos por forza que organizarnos para poder xestionar unha Comunidade. O exponente final deste trazo é a Democracia, que con tódolos seus defectos  disque é o mellor dos sistemas, baseado na vontade popular que reside no pobo e o sometimento ás leis que eles mesmos aproban, favor que hai que lembrar delegan nos gobernantes dos que  fan escolla a traveso do seu voto. Pero qué ocorre cando nos esquezemos do que significa esa responsabilidade, a de facer posível unha convivencia en armonía? Pos o que sucede na actualidade no Concello de Cambados: que democracia ben do Grego “demos” e “cracia”, ou “demos gracias a Luis” por remitir as Resolucións da Alcaldía (que é unha obriga), a supervisión dos expedentes (que é unha obriga) e que os Técnicos faciliten o traballo da oposición libremente elexida polos veciños. Segundo o Comunicado que chegou aos medios, o Concello refire que a Portavoz do PSOE está abusando destas prerrogativas, destos dereitos. Que si teñen que contestar a máis de 100 preguntas por escrito, que si xa teñen dabondo para facer o seu traballo co que lle facilitan,  que si están a exprimires coma un limón aos Técnicos …todo en resposta /  por mor da presentación dun Recurso Contencioso Administrativo pola defensa dos Dereitos Fundamentais das personas de acceso a Información por parte da Agrupación Socialista,  quepor certo  reflicten as leis que os homes dos que Kubrick fala,  fixeron para regulala Terra.
                                                             DA TERRA Á LÚA
No filme os homes fixemos tal que fomos quen de chegar ao Espazo. Nun lugar chamado Clavius resulta que apareceu o mesmo monolito que hai no Concello de Cambados e queren levalo en segredo, para que non cunda o pánico  porén non hai explicación científica. Coma un brote de infección o tratan para ter ben lonxe a Oposición.  Reunión ao máis alto nivel daqueles países que namentras se desenrola a  Historia gobernan o mundo: EE.UU e a U.R.S.S. Pos aquí están o  P.P e o P.S.O.E. “Que foi”, di a oposición, da inxente cantidade de requerimentos do Valedor do Pobo que non contestades, “que foi” das leis que regulan o sistema democrático das que facedes caso omiso, “que foi” de que esteades decindo que os Funcionarios están stresados do moito que lles facemos traballar. Secretismo absoluto: aquí á Lúa  chegamos primeiro  nós, e cando haia algo que debades saber volo comunicaremos. A espantada por resposta. E a cousa esa de pedra que ten coma nome Concello para que serve entón,  que non hai nin sitio para que se reúnan os Grupos da Oposición, que é o Monolito ese grande que ocupa moito espazo ló ? “Xa”, di o grupo de Goberno, o estamos investigando: lembrade que a outra vez que fústedes á Fiscalía de nada os serviu. Pos depende: o Fiscal dixo que hai un feixe de irregularidades,  e por mor da non notificación  das mesmas (falso) ao Tribunal de Contas lle botamos a culpa á Interventora por non facer tal. O que en Roman Paladino se coñece como inhibirse por falta de probas, pero que hai materia, vaia si hai.
A lúa é a que move ás mareas, e desde alá falan que esta voceira Socialista fai que se sintan incómodos, que as mulleres o que teñen que facer e coidar a súa casa, “Señora Abal”, e aquí molesta … Pos estamos ben: unha Institución que está o servizo dos veciños convertida no seu corral particular polo grupo de Goberno. Están sembrados: o que escribiu ese Comunicado que reflicte A Voz de Galicia non está no seu sano xuízo, está baixo o síndrome do traballador queimado por unha muller. Pos esto non é coma o matrimonio, que é para toda a vida  sí ou non. A Portavoz dos veciños na Oposición é para 4 anos, 10, ou 20, o tempo  que queiran os veciños en todo caso, non vós. Viven en Xúpiter.

                                                   MISIÓN A XÚPITER
Nos aproximamos a Maio 2015 e hai eleicións Municipais. Toque de queda e percura de como anular á Oposición para que deixe de molestar, non vaia ser que nos adiante pola esquerda. Movilizamos ao exército de enchufados, á lexión Española se fai falla, e aos Reservistas que viven en exclusiva por e para o Partido Popular … dura, grande, enorme (coma se un falo fora) a contenda que se aveciña. E aquí tal como andan as cousas (mal, moi mal,  con preto de 1600 parados segundo a EPA, o Comercio que apenas gaña para pagalos recibos e a xente buscando a maneira de sobrevivires) perdemos o Norte e comezamos cos malos modos. Pos a democracia se basea nunha división de poderes na que o  poder lexislativo é a cúspide do mesmo. Pos coma doe, porque está por riba de todos nós, imparcial, responsable e inamovible, que facemos ... Ese é o Monolito que hai no Concello: a Xustiza, coa que batemos unha e outra vez, e non queremos entender que na vida non hai naide máis que naide, señas alcalde ou Xefa da Oposición; na que hai certas normas que dentro de certa estructura formal tentan facer unha sociedade máis perfecta, máis próxima aos cidadáns, onde non hai veciños de primeira e de segunda. Eso por suposto non gusta, cando son  un Partido de “armas” (en sentido metafórico), tanto é así que no pasado mataron a tódolos intelectuais deste país, principiando polo meu admirado Federico García Lorca, que ainda hoxe non se sabe o que fixeron co seu corpo encol vai na súa natureza, o comportarse deste xeito. A esquerda sempre escolleu a espiritualidade, porque está cos máis débiles, cos que sofren sede de Xustiza, por iso e por máis, este Recurso e moitos máis veñen en camiño …
                                                     XÚPITER,  E MÁIS ALÉN DO INFINITO
O ordenador HAL 9000 ten un mal funcionamento, se producen varias mortes, e o ser humano, o mesmo que o creou, o desconecta. Pos a Luis Aragunde aínda que dea erro, que  a realidade non faga máis que quitarlle a razón, está coma aquela supercomputadora, con medo ao que poda ocorrer nas eleicións, de que o “desconecten”  os veciños por non ser quen de levar unha Administración que por certo, non fai falla levala, porque se leva sóla. Ninguén na vida é imprescindible agás aqueles que coma Rosalía de Castro dicía,  “levan na frente una estrela,  levan no bico un cantar”.  “Cantar”, canta moito este Alcalde, tanto que os veciños xa están pensando nun relevo porque deste xeito non vamos a Xúpiter, senón a outra Galaxia.
Chegamos ao último tramo do Filme e o home  novo aquel que prometía e prometía prosperidade, riqueza, e gobernar para tódolos Cambadeses resulta que mentíu, e está ante unha habitación de paredes moi brancas, na compaña dese monolito que lonxe de rexuvenecelo, faino máis vello. É unha metáfora da vida: a il tamén coma os Romanos lle chegou a decadencia. A Historia é un círculo, sempre se volta a un comezo. Ainda está a tempo de mudar de carácter, de non alonxarse de nós, de construir en vez de desfacer, pero nas siglas do seu partido non está ser progresista,  todo o contrario:  o que leva é o permanecer impasible, que o mundo en Cambados é unha gran recopilación, unha gran repetición …
Por iso e por máis é necesario transformar esta vila nun espazo que creza. “Os grandes progresos teñen un pequeno comezo”. O Titán Prometeo quixo estar á altura dos Deuses, e por iso o botaron do Olimpo. E no Olimpo están os veciños de Cambados.


Óscar Manuel Núñez.
Cinéfilo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.