Os candidatos a presidente presentarán no mesmo acto as súas candidaturas ante a xunta xeral e disporán dun tempo para a súa defensa. Presentadas estas, iniciarase o proceso de votación que será único, persoal, directo e segredo.
Nunha segunda votación, a xunta xeral da Federación elixirá
de entre os membros do seu comité executivo os vicepresidentes primeiro e segundo, seguindo os criterios de paridade e representación territorial establecidos nos seus estatutos.
A continuación, e de acordo co calendario electoral, o vindeiro luns 13 de outubro darase inicio ao prazo de presentación de recursos sobre a elección dos órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que finalizará o día 15.
O 21 de outubro finalizará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e ao día seguinte farase a súa proclamación definitiva. Por último, para o 23 de outubro está prevista a toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.
Nas fotos os presidentes provinciais de Coruña, Lugo e Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.